Skip to Content

3º e 4º Primaria

ACTIVIDADES 4º

Ola a todos!!

Creamos este taboleiro con todas as actividades lúdicas e didácticas que levamos preparadas. Iremos actualizando con novos contidos, pero así poderedes acceder sempre que queirades. (Os cadernos non fai falta que os imprimades, son as mesmas fichas interactivas que estades a facer en liveworksheets, pero en pdf).

 

Actividades 4º

Ola a todos e a todas!

Despois destas "vacacións-non vacacións", voltamos cunha nova proposta de traballo. Co usuario e contrasinal que vos facilitamos individualmente poderedes acceder á plataforma liveworksheets para realizar virtualmente os caderniños que as profes vos imos preparando.

Facédeo con calma e sen agobios, como sempre vos dicimos, o que se trata é de aprender, de mellorar... :)

Tamén segue activo o ScapeRoom cos retos e subretos para que vos divirtades aprendendo. 

E as propostas da primeira semana con moitos experimentos e manualidades que podedes facer tamén en familia.

No blog de Libruxa tamén hai unha proposta de actividades moi interesantes... e as que se están cociñando... Estade atentos!

E por último, Mónica, a nosa auxiliar, no blog de plástica, tamén está preparando actividades para que fagades con ela :)

Unha aperta moi grande e non esquecedes que estades demostrandonos que sodes uns AUTÉNTICOS CAMPEÓNS! Estamos moi orgullosas de vós.

Cada día que pasa é un día menos para volver a vernos!

ACTIVIDADES 4º

Queridos nenos e nenas de 4º:

Estivemos e estamos preparando actividades das distintas áreas para que podades ir facendo estes días. Son moitas actividades e moi diversas: manualidades, experimentos, fichas, traballos de investigación, pasatempos... Non tedes que facelas todas. Tedes que ir elixindo, organizadamente, podedes seguir por exemplo o horario da clase  ou centrarvos cada día nunha asignatura... O importante é aprender e disfrutar aprendendo, sexa experimentando, creando, investigando ou repasando.

Tamén nos gustaría invitarvos a xogar en familia, calquera xogo de mesa vos servirá para pasar un agradable tempo en familia. Non vos esquezades de mover o corpo a ritmo dalgunha coreografía como a de Entroido. 

E por suposto, lede, lede moito. Aproveitade os libros para voar alto, recordade que para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro.

Estade atentos, que subiremos máis actividades proximamente.

Unha aperta enorme.

As profes Sara e Tamara.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut