Skip to Content

3º e 4º Primaria

EXCURSIÓN AO CASTRO DE VILADONGA

O pasado martes, o alumnado de terceiro e cuarto realizamos unha saída para visitar o castro de Viladonga, para coñecer como vivían os castrexos na zona de Galicia hai máis de 1.000 anos.

Non só vimos o propio castro, senón que tamén estivemos no museo, onde se atopan diferentes utensilios e obxectos atopados durantes as excavacións que alí se levaron a cabo. Ademais, tamén nos amosaron unha pequena mina que os habitantes do castro utilizaban e na que puidemos observar unha variedade de musgo fluorescente.

Logo fixemos unha parada en Meira para xantar e aproveitamos par xogar no parque antes de subir ao autobús para facer a nosa última parada.

Finalmente, fomos ata Fonmiñá. Alí atópase o nacemento do río Miño, arredor do que demos un paseo antes de regresar cara a Burela.

Foi unha saída moi interesante. Pasámolo moi ben!

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
 

Scape Room 3º

Fai uns días en 3º fixemos unha actividade moi especial. Xuntámonos as clases de 3ºA e 3ºB e comezamos a ler unha noticia un tanto curiosa, dicía que un novo niño de velutinas aparecera no colexio. A verdade é que non sabíamos se crelo ou non... e mentres estabamos a lela.... a porta pechouse e unha carta colouse por debaixo dela! A carta fora escrita pola velutina e nela dicía que quería vingarse por ter retirado o niño do outro edificio e que de non ser capaces de saír da clase antes de que rematase a clase, entón invadiría o colexio. 

Entre nervios e algo de incertidumbre comezamos o xogo. Debíamos resolver, en equipos, varias probas para poder atopar a chave que abrisa a clase.... Puxémonos mans a obra e..... isto foi o que pasou!

 

O mundo das Abellas

Xa fai un tempo que nos visitou no cole Mari Fe, unha apicultora, que nos explicou con profundidade un montón de cousas sobre as abellas, unha materia na que ela era toda unha experta.

Nós, os nenos e as nenas de 3º, xa sabíamos algunha cousa sobre elas porque estabamos a investigar na casa e na aula.

Pero con axuda de Mari Fe preparamos un pequeno teatro para amosarlles aos máis peques do cole. Podedes vernos en acción no seguinte vídeo:

 Tamén elaboramos un lapbook con toda a información aprendida que nos quedou mooooi chuli!

 

VISTA ALEGRE NEWS. As abellas

Esta vez cambiamos os papeis, o alumnado da clase da Xirafa convertéronse nos entrevistadores desta edición especial do noso programa Vista Alegre News e o alumnado de 3º A e 3º B, despois dun grande traballo de investigación, convertéronse nos expertos na materia a tratar.

Unha vez máis utilizamos a técnica de croma, facendo maxia na clase, que se convertiu nun plató de televisión con conexións en directo ao Museo da Mel, como poderedes ver no vídeo que vos achegamos a continuación:

Distribuir contido


by Dr. Radut