Skip to Content

PDI "XOGO DE REINOS"

RETO 4

O día 11 de decembro tivo lugar unha convocatoria de reinos na que se propuxo o RETO 4, co que o alumnado se poñerá mans á obra para crear unha felicitación de Nadal, dirixida a un dos nosos REINOS.

 

 

Ademais, nesta convocatoria, o alumnado acudiu acompañado das maquetas dos seus reinos, realizadas a partir do Reto 3. Os resultados foron FANTÁSTICOS!

 

Aquí vos deixamos unha imaxe na que podedes velos. Tamén, se pinchades no enlace, podedes ver o vídeo desta convocatoria.

 

 

CONVOCATORIA DE REINOS: RETO 3

Hoxe tivo lugar no colexio a terceira ASEMBLEA de Reinos, na que de novo se reuniron representantes de todas as aulas para que Libruxa lles propuxera un novo reto. Nesta ocasión pediunos que creáramos un lema para o noso Reino e que representáramos en forma de maqueta.

 

Imos a pola terceira misión!

Se pinchades na imaxe podedes ver o vídeo da convocatoria.

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no centro, puxemos en marcha un taller no que os nenos/as fixeron un bocata en forma de castelo medieval, en relación co noso proxecto "Xogo de Reinos". 

 Pincha na imaxe para ver un resumo deste taller no que tanto disfrutamos:

 

 

 

Ademais, coa colaboración das familias do alumnado, levouse a cabo unha exposición dos castelos creados polos nenos/as co emprego de materiais de refugallo, a cal ademais, posteriormente se mudou á Casa da Cultura para que todos as familias e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar destas fantásticas creacións. Animámosvos a visitala!

Os resultados foron realmente marabillosos. Noraboa familias!

 

Pinchando na imaxe de Libruxa podes ver un resumo desta fermosa exposición.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut