Skip to Content

PDI "XOGO DE REINOS"

OFICIOS DA IDADE MEDIA: campesiños/as

Os nenos/as de 4 anos seguen a traballar cos oficios da Idade Media nas súas aulas. Nesta ocasión achegáronse ao oficio dos campesiños/as, así que, puxéronse mans á obra para sacar as fabas do seus bagullos, coas que logo elaboraron unha rica ensalada.

Pincha na imaxe para ver o proceso de elaboración da nosa ensalada de fabas.

CONVOCATORIA DE REINOS: RETO 2

Hoxe tivo lugar no CEIPP Vista Alegre a SEGUNDA CONVOCATORIA DE REINOS, á que acudiu un representante de cada un deles.

 

Nesta reunión con Libruxa os alumnos/as coñeceron o novo reto que nos tiña preparado para lograr sacarlle outra escama ao Dragón Vatra. Poñémonos mans á obra coa creación dos nosos amuletos protectores cos que conseguiremos crear unha capa protectora no noso colexio, que lle impedirá traspasar as nosas barreiras.

Pincha na foto da nosa asemblea para ver o vídeo da nosa reunión

OFICIOS DA IDADE MEDIA: TALLER DE COCIÑA

Os nenos/as de 5º de Educación Infantil están a investigar acerca de cales eran os oficios máis comúns da Idade Media, por iso hoxe se converteron todos eles/as en panadeiros/as e cociñaron uns riquísimos bolos preñados.

Pincha na imaxe para ver o noso taller de cociña:

RETO 1

Nesta ocasión, Libruxa pídelle aos nenos/as que decidan cal será o nome do seu reino e se poñan mans á obra para crear o seu estandarte, no que deberán plasmar o escudo que os representará durante todo o curso.

 

Despois dun intenso debate, os REINOS que formarán parte do Vista Alegre durante a loita contra o dragón VATRA, son os seguintes:

- O REINO DAS TARTARUGAS.

- O REINO DAS BOLBORETAS.

- O REINO DOS LEÓNIDAS.

- O REINO TORNADO.

- O REINO DOS TRASNOS.

- O UNIREINO.

- O REINO DAS ESTRELAS.

- O REINO NIMBUS.

- O REINO DOS LUMÍNICOS.

- O REINO PORCUS TENEBRIS.

- O REINO SALVAXE.

- O REINO VISTAMÁXICA.

- O REINO DOS XABARÍNS.

- O REINO DA AVE FÉNIX.

- O REINO DE NARPELIA.

- O REINO DAS IDEAS.

- O REINO DE URSI MARIS.

- O REINO LOQUI MARE.

 

Conseguiremos derrotar ao Dragón Vatra?

Distribuir contido


by Dr. Radut