Skip to Content

ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí podedes consultar os horarios das actividades extraescolares ofrecidas para o curso 2023/2024:

Ademais, no arquivo adxunto atoparedes o documento de solicitude destas actividades, o cal tamén podedes recoller na secretaría do centro.

Para facer a entrega podedes facelo directamente á presidenta da ANPA (Sara Calvo) ou deixalo na secretaría para logo derivalo á ANPA.

SERVIZO DE LUDOTECA

 

O servizo de LUDOTECA terá lugar de 15:30h a 19:00h. Neste proporanse diversas actividades, as cales se seleccionarán en función das necesidades e intereses do alumnado que acuda a este servizo e entre as que cabe destacar:

 

- Clube de deberes

- Animación á lectura

 

Para inscribirse deberedes cumplimentar a solicitude que se adxunta a esta publicación ou pasar pola secretaría do centro para recoller unha copia desta.

Logo poderedes entregarlla a Sara Calvo (Presidenta da ANPA) ou deixala no propio centro para proceder á súa baremación e seleccionar así os usuarios que disporán deste servizo gratuíto, proceso do que se encargará unha comisión da que tamén formará parte profesorado do centro e un representante do equipo directivo.

SERVIZO DE MADRUGADORES

Este servizo ofrécese de luns a venres de 7:30h a 9:00h.

 

 

No arquivo adxunto podedes atopar o documento que deberedes cubrir para solicitar dito servizo para os vosos fillos/as.Tamén podedes recollelo na secretaría do centro.

 

Para facer a entrega podedes facelo directamente á presidenta da ANPA (Sara Calvo) ou deixalo na secretaría para logo derivalo á ANPA.

 

ELECCIÓNS ANPA SETEMBRO 2023

 

O próximo martes 26 de setembro terá lugar na aula de psicomotricidade do CEIP Plurilingüe Vista Alegre a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS cunha primeira convocatoria ás 19:00h e unha segunda ás 19:15h.

Adxúntase a esta publicación a información relevante acerca desta asemblea.

Distribuir contido


by Dr. Radut