Skip to Content

ANPA

INTERCAMBIO XERACIONAL

Algúns alumnos/as do noso cole participaron nun intercambio xeracional coa residencia da terceira idade de Burela. Nas instalacións da residencia, os nosos nenos/as fixeron unha pequena actuación de Nadal para os residentes e os residentes fixeron unha pequena actuación para os nosos nenos/as. Logo, todos disfrutaron dun rico chocolate. Grazas ao cole e á residencia por colaborar connosco nesta interesante iniciativa!
Podedes ver as fotos no noso Facebook: https://www.facebook.com/pages/ANPA-CEIP-Vista-Alegre/150536741804793

FESTA DE SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos unha festa de Samaín no pavillón dos Institutos, con entrada de balde para os socios da ANPA.

Alí houbo disfraces, comida (aportada polas familias, grazas!), bebida, música, xogos e moita diversión. Merecen unha mención especial as familias que colaboraron na decoración.

Grazas a todos por asistir! No noso Facebook colgaremos fotos do evento: https://www.facebook.com/pages/ANPA-CEIP-Vista-Alegre/150536741804793

NOVO NÚMERO DE CONTA E FORMA DE PAGO DA ANPA

Estimadas familias:

 

Dende a ANPA do CEIP Vista Alegre comunicámosvos que, segundo o decidido na asemblea do mes de xuño, durante o presente curso escolar non se van emitir recibos bancarios dado o elevado custo que isto supón para as arcas desta ANPA.

 

Por esta mesma razón, decidimos cambiarnos a unha entidade bancaria con menos custos de xestión.

 

Este é o noso novo número de conta:

 

0049 0541 262310435476 (Banco Santander)

 

A partir de agora, deberedes empregar este número de conta para facer os pagos á ANPA (cota da ANPA, comedor, actividades extraescolares…), a través de ingreso en conta ou de transferencia bancaria. Á hora de facer os pagos, tede en conta que podedes facer varios pagos á vez (por exemplo, un único pago mensual que inclúa o comedor e as actividades extraescolares) e que é moi importante sinalar no concepto o nome e apelidos do alumno/a e o motivo do ingreso.

 

Finalmente, anexamos o calendario de pagos do comedor para as familias usuarias deste servizo.

 

Un saúdo cordial,

 

 

ANPA do CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Distribuir contido


by Dr. Radut