Skip to Content

1º de Primaria

Recursos de 1º, 1 de xuño

Recursos de 1º, 1 de xuño

Aquí vos deixamos unha nova proposta de actividades de lingua galega, matemáticas e un libro de lectura en lingua castelá para que sigandes traballando de aquí ao remate do curso. Ánimo que xa queda menos!

Matemáticas:

Neste video aprenderán o que é a simetria, non teñen que aprender os términos, só observar, é curto e visual, enténdese ben o concepto .

 

Aquí trabállase a simetria relacionada coa lateralidade.

 

Neste video aplicaremos todo o aprendido cunha actividade de Arte Educa Thyssen

;;

E agora deixamosvos os enlaces a tres xogos de simetrias. O último deles é algo máis complicado pero tamén é un reto para vós. Practicade cos que queirades.

Juego simetría

Dibuja la simetría en la cuadrícula

Juego simetría pixeles

 

Lingua galega:

Trátase dunha serie de fichas para traballar a comprensión lectora e a  expresión escrita. Débese responder ás preguntas de comprensión con frases de alomenos 3 palabras, nunca con monosílabos e non esquecer a maiúscula ó comenzo e o punto ó rematar a oración.

Para descargar as fichas clicar aqui 

 

 Lectura:

Como a semana pasada vos recomendamos un libro de lectura en galego, esta semana é en castelán coa súa ficha correspondente, ao remate do libro pídevos que faigades un debuxo, será o debuxo da ficha de lectura.

Espero que vos guste.

 Para descargar o conto clicar aquí.

 

Para descargar a ficha de lectura clicar aquí

Novas actividades de lingua galega e matemáticas para 1º curso

 

Lingua Galega

Ola nenas e nenos! Esta semana temos unha proposta de lectura común. Trátase do libro O Dragón Comemedo, de Baía Edicións, que esperamos que vos guste. Despois de lelo, pedímosvos que fagades a ficha de lectura que podedes descargar aquí.

 

 

 Matemáticas

Primeiro vemos e escoitamos atentamente estes tres vídeos para recordar o que aprendemos sobre liñas e figuras xeométricas planas. 

 

 

 

Agora con estes xogos podedes practicar un pouco o que vistes nos vídeos:

Xogo 1: Liñas rectas e curvas

Xogo 2: Figuras xeométricas

Xogo 3: Figuras xeométricas nos obxectos que nos rodean

 

 

 

 

 

 

Maio, propostas de lingua galega

 

Ola neno@s.Celebrástedes o Día da nosa lingua? Deixovos uns textos para ir practicando a literatura oral e escrita en galego. Ide practicando que vos propoñerei unha sinxela actividade sobre eles.

 

Trabalinguas:

Fixo o asado salado,

fixo a ensalada sin sal,

non sei para que cociña

se todo lle sae mal.

.

Tedes máis trabalinguas neste enlace, para abrilo clicade no botón dereito e seleccionar abrir hiperenlace ou ben Ctrl e pulsar botón esquerdo.

https://issuu.com/margari123/docs/trabalinguas_galegos

 

Lecturas de Carvalho Calero:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut