Skip to Content

1º de Primaria

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA PRIMEIRO CURSO DE EDUCACION PRIMARIA

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.As titoras de 1º A e B enviamosvos unha proposta de actividades para traballar cos vosos fillos/as debido ó cese da actividade escolar por mor do virus Covid 19. Son recomendacións de tipo xenérico tal e como nos aconsella a Conselleria de Educación. Para as actividades de Ciencias precisan conectarse a internet.De prolongarse esta situación máis do previsto seguiriamos enviando novas actividades por este medio. Área de matemáticas:Actividades e tarefas para taballar o concepto de número (estamos a traballar do 0 ao 99):

  • Ler e escribir números do 0 ao 99.
  • Facer xogos para decir o número anterior e posterior.
  • Ordenar números de maior a menor e viceversa.
  • Construir series numéricas ascendentes e descendentes.
  • Sumar números de 2 cifras (sen levadas).
  • Restas de números (sen levadas).
  • Resolver problemas sinxelos que impliquen sumas e restas sen levadas. Identificar os datos, interpretalos (debuxalos se hai posibilidade) e pensar na operación matemática necesaria para a súa resolución. 
  • Actividades lúdicas: xogos de mesa que se xoguen con dados e impliquen conteo, por exemplo:  tiradas con 2 dados e sumar, ou restar. O parchís, a oca, xogos coa baraxa, o bingo… 
  • Imprimir ou no seu defecto elaborar unha táboa do 1 ao 100  para facer seriacións: contar de 2 en 2 , de 5 en 5, etc, en orde ascendente e descendente. Logo facer as seriacións sen mirar pola táboa.

Área de lengua castellana/lingua galega:

  •  Lectura comprensiva de libros, contos, revistas... Escribir o seu titulo e o porque lles gustou ese libro. Facer debuxo das personaxes, situacións, etc. Preguntarlles sobre o contido da lectura.
  • Ir traballando no cuaderniño de lengua, unha páxina por día.
  •  Escribir un minidiario no que poden incluir actividades que fan no día a día, expresar como se sinten, en que están pensando, etc…
  • Escribir mensaxes ou pequenas cartas ós seus compañeiros, tamén debuxos, que se entregarán cando se retomen as clases.
  • Facer frases escritas e descompoñelas en palabras, as palabras en sílabas, as sílabas en letras.
  • Buscar en xornais e revistas titulares con frases sinxelas que poidan recortar e separar en palabras, para logo volver a compoñer e pegar nun folio ou libreta. Poden acompañalos con ilustracións ou debuxos.

 Área de ciencias naturais: 

  • No Espazo Abalar repasar a unidade dos animais "Gústanme os animais”
  • Iniciarse na unidade das plantas: "O marabilloso mundo das plantas

 

Cos pés na terra

 

Os nenos e as nenas de 1º xunto coas súas profes fixeron un traballo estupendo no invernadoiro: prepararon a terra, plantaron diferentes cenorias, fresas, cabazas... e con axuda de dúas personas moi especiais, o avó de Cristian e a avoa de Claudia, aprenderon como se plantan as patacas e plantarónnas. 

Xa por último, invitaron aos demais nenos, nenas e profes do colexio a visitar con eles o invernadoiro e coñecer máis a fondo todo o seu traballo.

No vídeo poderedes ver un resumo de todo o proceso. Ademais, a partir do día 20 participaremos con el no concurso de Voz Natura, polo que necesitamos o teu voto! ! Gracias.

Exposicion de Joaquín Sorolla

Os nenos e as nenas de 1º contáronnos hoxe un montón de cousas interesantes sobre a vida e obra de Joaquín Sorolla, un pintor español moi coñecido.

Foi unha exposición fantástica na que non faltaron nin alumnos, nin profe nin a mesma familia "Sorolla".

Botade un ollo ao vídeo e comprobarades o xenial traballo que realizaron xunto coas súas profes.

Noraboa a todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut