Skip to Content

1º de Primaria

Recursos 1º, 2ª quincena de maio

Ola nen@s, agora que xa nos vimos e que esta situación empeza a ser máis levadeira convídovos a seguir traballando para non perder o ritmo e se quedar atrás. Xa sabedes que podedes enviarnos fotos de traballos realizados, consultas e dúbidas que xurdan, etc. En concreto ímosvos pedir a vosa colaboración para un traballo de plástica, pero como é unha sorpresa temos que explicalo por outro medio, asi que vos enviaremos por correo e whatsapp as explicacións para a súa realización.

Proposta de actividades para as vindeiras dúas semanas:

Matemáticas:para os que xa rematastedes o traballo anterior adxunto un novo pdf pero antes de empezar a facelo deberedes ver os dous videos que adxunto a continuación.

 

 

 

 

Ejercicios de Matematicas (está o arquivo ao final da páxina)

 

Ciencias naturais: como repaso da unidade das plantas recoméndovos ver este par de vídeos de Camaleón que tanto vos gustan, a continuación xa estaredes preparados para executar o kahoot que vos preparamos sin medo a equivocarvos

 

 

 

 

 Kahoot das Plantas

 

 

Lingua galega: estamos en maio, mes no que se conmemora o Día das Letras Galegas. Este ano adícaselle este dia a Ricardo Carballo Calero, nos seguintes enlaces tedes unha serie de actividades axeitadas para aprender sobre a figura deste homenaxeado.            

Actividades Lim para o Día das Letras Galegas           (activar Adobe Flash Player para ver)

Actividades Lim para o Dïa das Letras Galegas 2

Asimesmo poñemos á vosa disposición un enlace con lecturas da editorial kalandraka, pódense descargar para ler ó longo do mes, hai 10 títulos pero os a máis axeitados para a vosa edade son "A casa máis animada do mundo" e "O tempo ao revés" aínda que tamén lles podedes botar unha ollada ós demais. Neste mesmo enlace tamén podedes atopar xogos online en galego.

Lecturas en Galego

Dende o equipo de Dinamización Lingüística do cole anímanvos a celebrar o Día das Letras Galegas de maneira virtual continuando o video que comenzaron @s profes titulado "eu uso o galego para...", as instrucción están ao final do seguinte enlace

Actividade: Eu uso o galego para...

 

Xa para rematar, noraboa ás tres gañadoras da actividade "Ruta do libro 2020".Libruxa seguro que ten un agasallo para ela e para todos os participantes. A mesma felicitación @s que participastes na actividade do Día Mundial da Arte, a continuación vos deixo a montaxe das excelentes recreacións pictóricas realizadas.

Montaxe do Día da Arte 2020

 

 

Recurso 1º curso abril-maio

 

Estimadas familias, nenas e nenos, 

Deixámosvos aquí unhas actividades que vos van servir de repaso e que cremos que vos van resultar entretidas. Recordade que esperamos o voso “feedback” para saber como estades e que vos parecen as propostas que recibides, tanto a través deste blogue coma do correo electrónico. Estade atentos porque en breve teredes unha sorpresa. Seguimos en contacto.

Matemáticas

Aquí vos vai un enlace para practicar o conteo matemático en varios xogos. É recomendable seguir a orde de dificultade, empezando polos máis doados. Clicade na imaxe para acceder a eles:

 

 

  

NOVO XOGO SOBRE  AS SAÍDAS  DO PROXECTO “Miramos polo noso Mar” 

Neste novo Kahoot “Viaxe ao fondo do mar” poderedes recordar os bos momentos que pasastes na saída ao Oceanográfico e ao Acuario de Gijón, onde todos e todas aprendemos moitísimo. Sen esquecerse da experiencia de coñecer o mar a través dos sentidos no obradoiro coa bióloga mariña de Maremasma, que tamén estivo xenial. Clicade na imaxe e disfrutádeo!

 

PIN:  05762419

 

 

 

 

Recursos de 1º curso 20 de abril

Recursos de 1º curso 20 de abril

Estimadas familias:

 

Sabemos que estades a traballar nas actividades que vos enviamos a través deste blogue e agradecemos o voso esforzo, seguide pois con esas actividades de repaso de lengua e matemáticas, esta semana completámolo con actividades de ciencias naturais e de plástica. Son actividades amenas e entretidas que podedes facer no ordenador, na tablet ou no teléfono, só tedes que clicar nos enlaces e poñer atención. 

CIENCIAS NATURAIS 

Para repasar un pouco o que vístedes sobre os animais podedes clicar nestes vídeos:

Unha vez vistos os vídeos ides practicar o aprendido con dous kahoots, que son xogos  de preguntas e respostas que creamos para vós. Para eso clicade nas fotos e seguide as instrucións: 

Para xogar aos Kahoots tedes 2 opcións:

Clicade na foto de de cada kahoot, e lévavos á web www.kahoot.it

Se queredes tamén podedes descargar a  App Kahoot! gratuíta no voso móbil.

 

Desde que entredes escribide o pin que se vos proporciona debaixo de cada foto (game pin), poñedes o nome do xogador/a e xa podedes comezar o xogo.

Pin: 08905533

Pin:09931955

 

 

E agora déixovos un vídeo para mover o esqueleto:

 

PLÁSTICA

Apetécevos debuxar os animais que estudiamos en ciencias? Collede lápis e papel e clicade no vídeo que vos mostrará paso a paso como facelo:

 

AS SAÍDAS DE 1º

Xa vistes que recibistes no voso correo un enlace para que poidades descargar e ver as fotos das saídas escolares deste curso. Despois de velas, convidámosvos a facer este Kahoot de preguntas e respostas. Esperamos que ver as fotos vos traia bos recordos e un sorriso ben grande. Divertídevos e repetídeo as veces que queirades!

Facede click nesta foto:

 

PIN: 01088655

 

 

Novos recursos para 1º

NOVOS RECURSOS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Estimadas familias, 

despois de falar con vós e de que nos contárades a vosa experiencia e as vosas inquietudes, ímosvos deixar algúns enlaces e suxerencias para que poidades seguir axudando ás vosas fillas e fillos nos vindeiros días. 

O que aquí vos deixamos intenta ser unha resposta ao que nos pedístedes, recordade que son actividades para facer con carácter voluntario.

Lembrade que temos o correo electrónico para seguirmos en contacto:   1curso.alegre.vista@gmail.com 

 

Área de Matemáticas:

Ademais das propostas que tedes na anterior entrada, deixámosvos uns enlaces nos que atoparedes máis actividades de repaso:

Problemas de mates

Cuaderno de Matemáticas

 

Tamén vos deixamos o enlace á canción que tanto vos gusta dos números ata o cen: 

Jack Hartmann, contar ata 100 en español

 

Área de Lengua: 

Podedes atopar ideas para traballar a ortografía, a comprensión lectora e a expresión escrita neste caderniño de repaso e tarefas para facer na casa.

 

E o LIM do peixe arcoiris, para que os que aínda non puidestes levar o libro da biblio, o poidades ler, escoitar e facer as actividades.  (Mellor usar Internet Explorer para abrir os LIM, e comprobar a configuración do Adobe Flash Player para evitar que o bloquee).

 

Área de Ciencias:

Por se queredes saber un pouco máis sobre o tema do noso proxecto de centro “Miramos polo noso Mar”, e para que repasedes o que aprendimos na nosa visita ao Oceanográfico e ao Acuario de Gijón, aquítedes un enlace que vos pode resultar interesante.

 

Tamén vos suxerimos que, se queredes, todo o que vaiades facendo (diario, cartas para os vosos compañeiros, debuxos,...) o gardedes nunha carpeta, para así á volta elaborar un Portfolio que recompile todo ese traballo.

 

E non vos esquezades que nos blogues de Inglés de Marcos, Educación Física de Julián, Apoio PT-ALde Rosana e Patricia e Relixion de Urbano tedes unha morea de actividades interesantes!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut