Skip to Content

Fondo solidario/Axudas libros e material.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar 23/24

 FONDO LIBROS E VALES PARA MATERIAL - INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Listaxes provisionais fondo libros29 de xuño.

Prazo de reclamacións: do 30 de xuño ao 3 de xullo.

Listaxes definitivas fondo libros: 4 de xullo.

Recollida vales materialDo 3 ao 7 de xullo  e do 4 ao 8 de setembro de 2023. (De 10 a 13 horas) *Estas datas poden sufrir modificacións.

Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023, abrirase o prazo de presentacíon de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar do curso 23/24.

 

As solicitudes poderanse entregar de xeito telemático (preferentemente) ou presencial, de luns a venres de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00 horas

 

No seguinte enlace, dispoñen de toda a infimación da convocatoria. 

 

Data límite para a presentación de solicitudes: 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

 

Artigo 11. Documentación complementaria

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

 

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

 

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut