Skip to Content

3º e 4º Primaria

ORDES DO MECO 2020

 

 

ORDES DO MECO

INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO MONTE

Durante este trimestre as nenas e nenos de 3º A seguimos aprendendo cousas novas sobre o monte galego. Neste caso, decidimos investigar un pouco sobre algúns tipos de bosque ou ecosistemas que hai en Galicia: o bosque de ribeira, o bosque de eucaliptos, a fraga e o río.

Primeiro buscamos información acerca de onde se atopan, da fauna e flora que caracterizan estes ecosistemas, así como algúns exemplos moi coñecidos dos mesmos en Galicia (as Fragas do Eume, o río Miño, ...).

Unha vez tiñamos a información decidimos como construír as nosas maquetas, que especies animais e vexetais engadir, que paisaxes pintar, ...

Amosámosvos o resultado de todo o noso traballo neste pequeno vídeo. Esperamos que vos guste!!

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
 

HOTEIS PARA INSECTOS

A semana pasada as nenas e nenos de 3º A e B realizamos unha actividade moi interesante: construímos uns hoteis para insectos, onde poder refuxiarse e poñer os seus ovos.

Para iso, tivemos a axuda de Begoña, unha das monitoras de Gaia, que trouxo todos os materiais que precisábamos e ensinounos a montalos.

Unha vez estiveron listos, colocámolos no patio do colexio para que os insectos poidan ocupalo.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo!

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
 
Distribuir contido


by Dr. Radut