Skip to Content

Actividades extraescolares

MAGOSTO: OBRADOIRO INTERNIVEL DE CESTIÑAS

O día 15 de novembro, tivo lugar no centro un obradoiro internivel, no que os nenos/as de maior idade se encargaron de ensinar e axudar aos máis pequenos a facer a súa cestiña para gardar as castañas o día do Magosto.

Para a súa elaboración empregaron como material unha folla de xornal, favorecendo así a reutilización e o coidado do medio. Logo decorárona empregando rotuladores, cestas, lápis, gomets... 

O resultado foi estupendo, pero o mellor de todo foi ver ao alumnado axudando aos seus compañeiros/as con tantas ganas.

Pincha na imaxe para ver o vídeo do taller internivel de cestiñas

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no centro, puxemos en marcha un taller no que os nenos/as fixeron un bocata en forma de castelo medieval, en relación co noso proxecto "Xogo de Reinos". 

 Pincha na imaxe para ver un resumo deste taller no que tanto disfrutamos:

 

 

 

Ademais, coa colaboración das familias do alumnado, levouse a cabo unha exposición dos castelos creados polos nenos/as co emprego de materiais de refugallo, a cal ademais, posteriormente se mudou á Casa da Cultura para que todos as familias e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar destas fantásticas creacións. Animámosvos a visitala!

Os resultados foron realmente marabillosos. Noraboa familias!

 

Pinchando na imaxe de Libruxa podes ver un resumo desta fermosa exposición.

 

 

 

DOAZÓN SAVE THE CHILDREN

A piques de comezar un novo curso, as/os profes do CEIPP Vista Alegre xa estamos traballando no cole para que o inicio sexa o máis fantástico posible, e non atopamos mellor forma de voltar que cun GRAZAS, grazas a todas as familias e nenos/as que fixeron posible esta doazón a SAVE THE CHILDREN. Xuntos/as podemos conseguir un mundo mellor!

 

ENTROIDO - OS MANDADOS DO MECO

Cando o Entroido apreta, non queda outra que obedecerlle á Meca! 

Distribuir contido


by Dr. Radut