Skip to Content

Actividades extraescolares

8 de marzo. Día internacional da Muller: "FACENDO CAMIÑO"

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, elaboramos esta exposición virtual sobre mulleres pioneiras dos países que tiñamos asignados, mulleres que abriron portas, que fixeron camiño...

Estades todos/as invitados/as a "visitala". Benvidos/as á exposición  "FACENDO CAMIÑO!

Día da Paz 2021

Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz decidimos facer entre todo o alumnado do colexio un "Scrabble compostelano" con palabras que nos transmiten sensacións positivas, palabras vinculadas á paz.

Cada clase fixo un listado con palabras que lle transmitían paz e posteriormente, a cada clase chegou unha desas palabras metida neste "crucigrama que vedes", algunhas definicións resultaban un tanto complexas... por iso decidimos gravar un vídeo explicando á nosa maneira, coas nosas palabras, o seu significado. 

Animámosvos a que completedes o crucigrama interactivo (clicando á esquerda da presentación, sobre  pomba) e a que visualicedes a actividade.

Moi pronto amosarémosvos o resultado final. 

E como dixo Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño". Así que tendo ben presentes todas estas palabras, camiñemos sementando paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut