Skip to Content

blogue deLina Gómez

ASI SON EU!

O alumnado de 4º de Educación Infantil nestes primeiros meses de cole estivo a coñecer o centro, as profes, aos compañeiros, os materiais da aula, como usalos, os xogos... explorando e coñencendo ao mesmo tempo. Así se ve reflexado neste pequeno libro que realizaron:
 


Visita a Finlandia

As mestras Belén, Nuria e Lina estiveron en Finlandia do 20 ao 24 de febreiro nun encontro co resto dos países que formamos o proxecto "Friends for our planet"; aquí vos deixan o diario desa aventura, e algunhas fotos:

LUNS 20: chegada e cea de Benvida, reencontros co resto de persoas participantes.

MARTES 21: Visita ao colexio e actividades ao aire libre: esquí de fondo, patinaxe sobre xeo, deslizarse por un tobogán de neve, curling caseiro... Despois da comida visitaron unha tenda de produtos ecolóxicos e máis tarde recibiron unha charla sobre a industria do leite no país. Seguidamente tiveron a primeira reunión sobre o proxecto e máis tarde foron vivir unha experiencia única, visitaron Kivennapa, onde estiveron nunha sauna e se bañaron no lago xeado a -17 grados e cearon alí probando a gastronomía local.

MÉRCORES 22: o día máis frío do ano (-27grados) comezárono cunha reunión sobre o proxecto e visitando as aulas. Despois da comida tiveron unha mesa redonda sobre educación onde tamén participou o director da escola e tiveron unha charla sobre silvicultura. Remataron o día cunha fermosa cea que preparou a ANPA do centro, tamén algo típico: sopa de salmón e tarta de arándanos.

XOVES 23: Foi día de visitas, comezaron en Juankoski visitando o Museo Brunou de historia, logo volta a Muuruvesi para comer e despois de reunirnos para rematar co proxecto, foron visitar a cidade de Kuopio e a Puijo Tower, dende onde se ve a cidade dende o alto. Máis tarde visitaron unha tenda de reciclado e de segunda man e viron os "entresijos" dela. Remataron o día cunha cea conxunta e de despedida no restaurante Kaijala, onde se despediron e falaron da intensa semana que pasaron coñecendo Finlandia e a súa educación.

VENRES 24: A mañá pasárona coñecendo o párroco do pobo, o cal lles ensinou a iglesia por dentro e lles contou toda a historia desa iglesia e cómo se organizan para facer eventos alí. Despois da comida xa foi hora de comezar a viaxe de volta.

Foi unha semana intensa e chea de actividades moi produtivas, aproveitadas ao máximo para facer deste proxecto europeo (e dos futuros) un proxecto mellor!!

 

ENTROIDO - OS MANDADOS DO MECO

Cando o Entroido apreta, non queda outra que obedecerlle á Meca! 

Distribuir contido


by Dr. Radut