Skip to Content

O alumnado de 6º aprende a debater

Ao longo desta última semana o alumnado de 6º de primaria estivo a realizar actividades para aprender a debater cos seus compañeiros/as de forma respetuosa.

Para elo o primeiro foi elixir un tema de actualidade sobre o que debater, temas moi interesantes pero tamén algún deles un pouco polémico.

Unha vez que se elixiron os temas a tratar, dividíronse en grupos de 3-4 nenos/as e repartironse os temas entre eles según as súas preferencias.

Xa cos temas decididos e os grupos feitos cada grupo tivo que buscar información para defender a postura do "sí" ou o "non". E a continuación facer un pequeno guión que lles axudase a defender a súa opinión durante a celebración do debate.

Hoxe venres o alumnado de 6ºA foi ata a aula de Polos Creativos e alí, aproveitanto o espazo e materiais da Radio Escolar, realizaron 4 debates sobre temas moi interesantes.

 

 

Nas seguintes imaxes podedes ver a celebración dos catro debates:

 Investigación con animais en laboratorios:

- Jorge, Efrén e Eric defenderon o "SI"

- Lara, Hugo, Jean Paul e Neidia defenderon o "Non"

 

Na sociedade actual hai igualdade total entre homes e mulleres.

- Álvaro, Lucas e Sara defenderon o "SI"

- Noa, Uxía e Gabi defenderon o "Non"

 

Asignatura de relixión nos colexios.

- Adrián, Iván e Christiano defenderon o "SI"

- Amina, Jaume e Javi defenderon o "Non"

 

 

Redes sociais e móbiles en menores de 14 anos:

- Iria, Adrián e Mila defenderon o "SI"

- Daleska, Paula e Alba defenderon o "Non"

 

 En 6°B realizaron a mesma actividade, tratando os temas: "Pena de morte", "Prostitución",  "A igualdade no deporte" e "Os touros".



blog | by Dr. Radut