Skip to Content

blogue deNuria

RETO 1

Nesta ocasión, Libruxa pídelle aos nenos/as que decidan cal será o nome do seu reino e se poñan mans á obra para crear o seu estandarte, no que deberán plasmar o escudo que os representará durante todo o curso.

 

Despois dun intenso debate, os REINOS que formarán parte do Vista Alegre durante a loita contra o dragón VATRA, son os seguintes:

- O REINO DAS TARTARUGAS.

- O REINO DAS BOLBORETAS.

- O REINO DOS LEÓNIDAS.

- O REINO TORNADO.

- O REINO DOS TRASNOS.

- O UNIREINO.

- O REINO DAS ESTRELAS.

- O REINO NIMBUS.

- O REINO DOS LUMÍNICOS.

- O REINO PORCUS TENEBRIS.

- O REINO SALVAXE.

- O REINO VISTAMÁXICA.

- O REINO DOS XABARÍNS.

- O REINO DA AVE FÉNIX.

- O REINO DE NARPELIA.

- O REINO DAS IDEAS.

- O REINO DE URSI MARIS.

- O REINO LOQUI MARE.

 

Conseguiremos derrotar ao Dragón Vatra?

PRIMEIRA CONVOCATORIA DE REINOS

O 18 de setembro de 2023 Libruxa deixa unha carta en todos os buzóns das aulas do CEIPP Vista Alegre na que convoca ao primeiro/a representante do seu reino a acudir a unha primeira asemblea na que se informará ao alumnado do primeiro reto a levar a a cabo para conseguir sacarlle a primeira escama ao dragón Vatra.

Pincha na imaxe para ver o VÍDEO da primeira asemblea de reinos:

Presentación XOGO DE REINOS

XOGO DE REINOS

Distribuir contido


by Dr. Radut