Skip to Content

blogue deNuria

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SAMAÍN


 

SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no centro, puxemos en marcha un taller no que os nenos/as fixeron un bocata en forma de castelo medieval, en relación co noso proxecto "Xogo de Reinos". 

 Pincha na imaxe para ver un resumo deste taller no que tanto disfrutamos:

 

 

 

Ademais, coa colaboración das familias do alumnado, levouse a cabo unha exposición dos castelos creados polos nenos/as co emprego de materiais de refugallo, a cal ademais, posteriormente se mudou á Casa da Cultura para que todos as familias e demais membros da comunidade educativa poidan desfrutar destas fantásticas creacións. Animámosvos a visitala!

Os resultados foron realmente marabillosos. Noraboa familias!

 

Pinchando na imaxe de Libruxa podes ver un resumo desta fermosa exposición.

 

 

 

OFICIOS DA IDADE MEDIA: campesiños/as

Os nenos/as de 4 anos seguen a traballar cos oficios da Idade Media nas súas aulas. Nesta ocasión achegáronse ao oficio dos campesiños/as, así que, puxéronse mans á obra para sacar as fabas do seus bagullos, coas que logo elaboraron unha rica ensalada.

Pincha na imaxe para ver o proceso de elaboración da nosa ensalada de fabas.

Distribuir contido


by Dr. Radut