Skip to Content

blogue deNazareth

ficheiros naza

ficheiros naza

RECOLLENDO OS FROITOS...

   No 1º trimestre o alumnado de 1º ciclo fumos prantar verduras de tempada de inverno ao invernadoiro, coliflor e brócoli

   

 

   Esta semana, fumos recoller os nosos froitos, sobre todo brócoli, xa que parece que á coliflor estalle costando un pouquiño máis saír!!!

         

          

 

Comezamos!!!! Friends for our Planet 2021-22

    O noso proxecto deste ano é a continuación do Proxecto Europeo Erasmus+ do curso anterior no que xa levamos a cabo o reto 1: enerxía e o reto 2: contaminación. Este curso contará con dous retos máis que Jan nos traerá dos coles participantes.

   Aquí vos deixamos unha pequena presentación que Jan e Libruxa vos prepararon con todo o seu cariño. Nela atoparedes unha carta de presentación, os obxectivos deste proxecto, os roteiros literarios para este curso que xa podedes descargar, unha pequena selección bibliográfica que vos pode axudar e que tamén atoparedes exposta no recanto da natureza á entrada da biblio e, por ultimo, unhas cancións qeu tamén iremos escoitando nas entradas e saídas do cole. 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut