Festival das Letras Galegas 2024


Mañá, 17 de maio, dedicarase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta Gómez e hoxe celebrámolo no noso centro co Festival das Letras Galegas 2024. No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega atoparedes fotos e vídeos deste día.

Festival das Letras Galegas

 

O xoves 16 de maio celebraremos o Festival das Letras Galegas, ao que están invitadas tódalas familias. Agardámosvos!

 

Saída á Casa dos Peixes e á Casa do Home

Esta mañá, o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria participou nunha saída á cidade de A Coruña para visitar a Casa dos Peixes e a Casa do Home. No blog do EACE tedes fotos desta actividade.

 

BECAS NEAE

 

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO 

Semana do libro

Do 22 ao 26 de abril celebramos no centro a Semana do Libro con diversas actividades nas que está a participar toda a comunidade educativa. No blog da Bibliosilva iremos contándovos detalles de todas elas.

Saída ao Centro Ecuestre "O Ventoso"

Hoxe foi xornada de saída para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, que puideron gozar dun soleado día no Centro Ecuestre "O Ventoso". Alí elaboraron os seus propios boliños de pan, coñeceron unha gran variedade de animais da granxa e peitearon aos ponis ademais de montar neles. Unha mañá moi aproveitada da que podedes atopar fotos no blog do EACE.

Marzo na Bibliosilva

Marzo foi de novo un mes de moita actividade na nosa biblioteca, como podedes ver no vídeo que está colgado no blog da Bibliosilva.

Saída do alumnado de 2º e 3º ciclo

Esta mañá, o alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria participou nunha saída á cidade da Coruña na que puideron gozar dun concerto no Palacio da Ópera e visitar o Castelo de San Antón. As fotos destas actividades atoparédelas no blog do EACE.

Powered by Drupal - Design by artinet