TIMSS

INTRODUCIÓN

Distintos organismos internacionais (especialmente a OCDE, a IEA e a Unión Europea) desenvolven avaliacións da educación para proporcionar información sobre o grao de consecución dos obxectivos educativos. A Comunidade Autónoma de Galicia participa en distintos estudos de avaliación internacionais como parte da mostra nacional; entre eles, o estudo TIMSS.

TIMSS

O Estudo Internacional de Tendencias en Matemáticas e Ciencias (TIMSS) realízase cada catro anos pola IEA (Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo) e é un estudo sobre as competencias matemática e científica do alumnado de 4.º de educación primaria.

A información relativa ás distintas edicións do programa TIMSS, como informes e ítems liberados, é accesible a través do portal web do INEE na seguinte ligazón:

INEE-TIMSS