Gallego

Convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023

Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

  • O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, (código da actividade G2301066) a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria e cun prazo de 10 días hábiles.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral reguladas na Orde do 14 de xuño de 2023

Gallego

Xuntase a resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2023.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución do 4 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coas listaxes definitivas das prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24

Gallego

Resolución do 4 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

 

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

 

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 5 de setembro e 4 de outubro de 2023), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tema: 

Colectivo: 

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 3ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2023-2024

Gallego

Publicadas as listaxes da 3ª adxudicación ordinaria de ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 1 de setembro ata as 13:00 horas do mércores 6 de setembro de 2023.

Colectivo: 

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Gallego

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 1 de setembro ás 9:00 horas ata o día 8 de setembro ás 13:00 horas.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto ata o día 8 de setembro ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

Colectivo: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: Posdoutoral 2023

Gallego

Actualizada a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2023, reguladas na Orde do 6 de xullo de 2023.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Orde do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia

Gallego

Xúntase a Orde do 23 de agosto de 2023 pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia.

Colectivo: 

Autorización da posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

Xúntase a Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se autoriza a posta en marcha, con carácter experimental, de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Gallego

Xúntase a Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Todos os documentos teñen que ser xerados a partir da aplicación informática só dispoñible para os centros educativos, polo que os anexos da orde só serven a efectos informativos.

Tema: 

Colectivo: 

Orde do 9 de agosto de 2023 pola que se amplía a relación de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo

Gallego

Xuntase orde do 9 de agosto de 2023 pola que se amplía a relación de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo.

Ensinanza: