Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-25

Informamos de que unha vez rematado o prazo de admisión para o curso 2024-25 do alumnado de 3 anos, TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS polo que non haberá proceso de baremación. 

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2024-25 DO 20 AO 30 DE XUÑO EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 9:15 a 10:00 DE LUNS A VENRES.

 

Segundo o artigo 41 da Orde do 21 de outubro de 2022, deberán formalizar a súa matrícula no centro de forma presencial dende o 20 ao 30 de xuño

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

 

Documentos a presentar

 

-Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1). 

-Fotocopia da tarxeta da Seguridades Social ou seguro médico. 

-Ficha titoría (facilitada pola escola) debidamente cuberta. 

-4 fotografías tamaño carné co nome do alumno/a por detrás. 

 

 

Lembrade que os pais e nais dos nenos e nenas admitidos en 4º de Educación Infantil, quedan convocados o martes 25 de xuño a unha reunión informativa, ás 19:00 horas. Deberán acudir sen os seus fillos, preferiblemente unha soa persoa por familia debido a falta de espazos nas instalacións.  

 

Nos seguintes pdf (clicar en “2 adxuntos”) están dispoñibles o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1) e a ficha de titoría. 

 

 

*O alumnado con permanencia para 5º e 6º de Educación Infantil non teñen que realizar ningún trámite de matrícula.

LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO

O XOVES 22 DE FEBREIRO APARECERÁ NO TABLÓN DE ANUNCIOS DESTA ESCOLA A LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO.  

LEMBRADE QUE DEBEREDES FORMALIZAR A MATRICULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO NO CEP CAMPOLONGO.

Britta Teckentrup

A autora Britta Teckentrup gustounos tanto que seguimos ollando máis libros dela.

Aquí vos deixamos unha recompilación dos nosos favoritos! 

Día da Paz

Polo 31 de Xaneiro, día da Paz, traballamos a partir dos contos de Britta Teckentrup: fixemos a nosa propia árbore da amizade e pensamos a nosa palabra relacionada coa paz.


Tamén ollamos un montón de libros que traballan os valores da solidariedade, empatía, amizade, amor,...

Distribuir contido


by Dr. Radut