Relixión

CLASE B 11 MAIO

"Coñece a historia da Virxe María”

A principios deste mes celebramos o día da nai. Seguro que algo lle regalastes a vosa nai, porque a queredes moito.

Os cristiáns tamén temos como Nai a Virxe María, por iso a Igrexa adica o mes de maio a ela. Vos invito a coñecer a súa historia.

Para elo, podedes ver o seguinte vídeo, no que ademais aparece como facer unha flor do “Si”. E despois, a quen lle apeteza pode realizar un puzzle virtual e unha sopa de letras.

 

Vos deixo aquí os enlaces.

 

Vídeo MARÍA, la Anunciación y la Flor del "Sí"

https://www.youtube.com/watch?v=kH2dN4ta2iA&feature=youtu.be

 

PUZZLE MARÍA

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=2adc67e32dfd

E para rematar, se queredes, vos deixo unha sopa letras, onde unha vez buscadas as palabras, coas letras que vos sobran, descubriredes a resposta de María.

Pasádeo ben!!!


CLASE A 11 MAIO

infantil 11 maio

Levamos xa dous meses na casa, días de estar coa familia, cos nosos pais, irmáns..días nos que dámonos conta do importante que é ter alguén que nos queira e nos coide, que a través das pequenas cousas nos van mostrando o seu amor, cariño e cercania.

Esta semana, o venres, celebraremos o día internacional da familia. Por iso é un bo momento para fixarnos un pouco na nosa familia: podemos facerlles un debuxo, darlles un bico, axudarlles na casa…e fixarnos tamén en Xesús, que foi neno coma vos e tamén tiña un pai e unha nai que o querían con todo o seu corazón.

Para esta semana vos deixo o seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1XP_6qYlHKFAwgN97IrXHebnVySeiOTnE/view

onde vos aparecerá esta imaxe con 3 actividades: un pequeno vídeo explicando un cadro, na parte de abaixo un puzzle que o darlle vos abre unha páxina nova, e se ides a “jugar como” e aí a “personalizar “podedes escoller a dificultade, o número de pezas e a forma.

Despois de facer o puzzle, tedes a opción de escoitar unha canción sobre a familia de Xesús.

 

Desfrutádeo e pasádeo ben!!

infantil 4 maio

CLASE A 4 MAIO

HOXE IMOS A FACER E DECORAR UN SÍMBOLO QUE TODOS COÑECEDES, UNHA GRAN VELA QUE SE CHAMA CIRIO PASCOAL. ASÍ QUE SACADE AS PINTURAS E AS TIXEIRAS E....MANS A OBRA

Distribuir contido