AbalarMobil

Dende o centro lembramos ás familias a existencia da ferramenta AbarMóbil como un recurso que nos ofrece a Consellería para as diferentes comunicacións do profesorado coas familias, (mensaxería, publicación de cualificacións, avisos, etcétera). AbalarMóbil será a ferramenta de uso prioritario por parte do claustro.

Na marxe dereita dispoñedes do enlace correspondente.

Neste enlace (nos arquivos adxuntos), atoparedes a Guía para as familias da devandita aplicación.

 

 

 

Resultado de imagen de no olvidar

  

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24/25:

1º PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 20 de marzo de 2024

2º A SOLICITUDE pode facerse de xeito telemático ou presencial no Centro.

Opcións

a) De xeito manual_ descargar o  documento adxunto (Admisión galego ou Admisión castelán), cubrilo, asinalo e entregalo no Centro.

b) Telemáticamente_ na web admisionalumnado, descargala, asinala e entregala no Centro.

c) Cubrir a solicitude dixitalmente e asinala en Sede Electrónica_ acceder a admisionalumnado con usuario Chave 365 ou Certificado Dixital.

3º NORMATIVA E MANUAIS:

www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

4º No arquivo Información matrículas, atoparedes toda a DOCUMENTACIÓN que é preciso presentar.

 

Calendario escolar. Curso 23 - 24

No arquivo adxunto tedes á vosa disposición o calendario escolar para o vindeiro curso 23 - 24.

 

 Comezo da actividade lectiva: Luns, 11 de setembro 

 Último día de clases: Venres, 21 de xuño

 Ademáis lembrámosvos as seguintes datas e períodos non lectivos do curso:

          

21/09: Virxe da Pena de Francia - Festivo local (xoves)

12/10: Día do Pilar (xoves)

01/11: Todos os Santos (mércores)

06/12: Constitución (mércores)

07/12: Día do Ensino (xoves)

08/12: Inmaculada Concepción (venres)

22/12 - 07/01: Vacacións de Nadal (ambos incluídos)

12, 13 e 14/02: Entroido

25/03 - 01/04: Semana Santa (ambos inclusive)

17/05: Día das Letras Galegas (venres)

20/05: Luns de Pentecostés (Festivo local)

 

 Avaliacións. Entrega de notas:

 

1ª avaliación: 21/12

2ª avaliación: 22/03

3ª avaliación:  21/06

 

 Resultado de imagen de calendario

 

Admisión alumnado. Curso 23-24

Dende o centro comunicamos que todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión no prazo establecido ten praza.

 

Resultado de imagen de no olvidar

 

Solicitude de admisión curso 23 - 24

No seguinte enlace atoparedes toda a información para a solicitude de praza no CEIP de Valeixe.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de marzo.

A solicitude pode facerse de xeito telemático ou presencial no centro.

Aquelas familias que desexen facer a solicitude telematicamente, teñen información de axuda no seguinte enlace.

Aquelas familias que desexen facer a solicitude presencialmente nun so acto teñen acceso ao impreso de solicitude de admisión nos seguintes enlaces:

            Solicitude de admisión de alumnado - Galego

            Solicitude de admisión de alumnado - Castelán

 

 

Resultado de imagen de no olvidar

 

Distribuir contido