Skip to Content
A finalidade do CEIP Os Muíños é fomentar a creatividade e o espíritu crítico no alumnado, para acadar o éxito escolar a través dun enfoque innovador, colaborativo, compensador de desigualdades e inclusivo, que favoreza un clima saudable e seguro e o compromiso de toda a comunidade educativa.

Tras a votación celebrada o 19 de febreiro entre as familias sobre a implantación da xornada continuada, os resultados foron os seguintes:

Votos a favor: 46

Votos en contra: 26

Votos nulos: 1

Aínda que máis do 50% das familias maniféstanse de acordo coa xornada continuada, non é posible a súa implantación por non acadar o 58% de votos favorables do total do censo.

Desde o centro agradécese a alta participación das familias neste proceso, amosando así o seu interese pola mellor opción para os seus fillos e fillas.


Atendendo á demanda de moitas familias que nos últimos dous cursos manifestaron o seu interese,

tanto no centro como a través da ANPA, pola implantación da xornada continuada, desde a

dirección do colexio iniciouse o procedemento no mes de outubro coas seguintes actuacións

(segundo a normativa vixente):

 

DATA

ACTUACIÓN

25/10/23

Información ás familias a través de Abalar sobre o procedemento de implantación da xornada de mañá.

31/10/23

Claustro extraordinario para votación do profesorado

31/10/23

Consello Escolar extraordinario para votación.

7/11/23

Envío por sede electrónica da solicitude de informe de viabilidade a Transporte Escolar

19/01/24

Recepción do Informe favorable de Transporte Escolar.

25/01/24

Envío de convocatoria de reunión informativa para as familias a través de Abalar.

29/01/24

Reunión informativa, presentación do Plan de actividades extraescolares e entrega de folletos..

29/01/24

Publicación do Proxecto na páxina web do centro.

29/01/24

Publicación do censo de pais/nais e titores/as legais do alumnado.

19/02/24

Votación das familias

21/02/24

Envío da documentación a Xefatura Territorial.

 

Orde que regula o procedemento.

Presentación para as familias

Folleto intormativo

 

Ante as dúbidas plantexadas polas familias con respecto ao funcionamento do servizo de comedor na

xornada continuada, aclárase que o COMEDOR continuará ABERTO e en FUNCIONAMENTO de

14.30 a 15.30 h, xa que así está disposto na normativa vixente publicada pola Consellería de

Educación.


O xoves 21 de decembro recibimos no centro a Papá Noel. Unha xestión realizada polo concello de Muxía para que o noso alumnado tivera a oportunidade de falar con el e entregarlle en persoa as súas cartas.

 

Papá Noel amosouse moi ledo de estar con todos os rapaces e rapazas, a quen adicou unha atención individualizada e agasallou con ricos caramelos.


A última semana do mes de novembro tivemos o pracer de recibir no centro a Sheela Tato, unha muralista que deixou a súa pegada no corredor do 1º andar do colexio. O seu mural, “Muller castrexa”, foi unha iniciativa máis da ANPA O Facho dentro das actividades pola igualdade subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

 

Nesta imaxe, que fai alusión ao tema do proxecto documental deste curso (Cultura castrexa), está representada a forza da muller e as distintas razas do mundo utilizando diferentes tonalidades na pel.


O venres 10 de novembro ás 16.45 h a ANPA O Facho, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, organiza unha charla para as familias sobre A Corresponsabilidade

Esta proposta está incluida dentro das actividades sobre a Igualdade de Xénero que a asociación de nais e pais organizou para este curso.


Un curso máis a ANPA O Facho organiza os obradoiros da igualdade coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade. 

O venres 10 de novembro levaranse a cabo as seguintes actividades:

-Infantil: Sesión de contacontos.

-De 1º a 4º EP: Novas masculinidades + Hipersexualidade das nenas. Charla e dinámica de grupos.

-5º e 6º EP: Educación en igualdade + Pautas de prevención de violencia de xénero. Rolle play, debate e dinámicas de situacións

 


Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o martes 12 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.15 h

Comedor: de 14.15 a 15.15 h

Lémbrase que por comezar as clases en martes o horario de saída está adiantado 15 minutos, o resto dos días a saída é ás 14.30 da  clase e ás 15.30 do comedor.


O 18 de agosto saiu publicado o catálogo de centros para o curso 2023-2024, no que se reflicte a supresión dunha praza de primaria. Como consecuencia, os niveis de 1º e 2º EP agruparanse formando unha aula mixta.


Ponse en coñecemento de toda a comunidade educativa que se recibiu unha comunicación de Inspección informando sobre o peche dunha unidade de infantil, polo que no curso 2023-2024 só teremos unha aula mixta que agrupe ao alumnado de 4º, 5º e 6º EI.


  

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2023-2024. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2022), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 4 ao 14 de xullo, de 10.00 a 13.00 h

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 4 de xullo ata o 1 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o 4 ata o 14 de xullo, de 10.00 a 13.00h


Lembren que o prazo remata o día 1 de setembro de 2023.


Desde hoxe, 3 de xullo, e ata o venres 7 de xullo, poden pasar pola secretaría do centro para recoller os vales de material e/ou libros de texto para o curso 23-24, en horario de 10.00 a 13.00h.

Quedan excluídos destas axudas os seguintes solicitantes:

****9870H

****3619H

****8629Z

****7749H

****7173N


Xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2023-2024. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 22-23 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. A renda será a do exercicio 2021.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexos I e II) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). 

En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.30

10.55 a 11.50

10.00 a 10.55

15.40 a 16.30

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.30 a 10.20

13.40 a 14.30

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2021 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 21 de xuño de 2023.

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.


O Ministerio de Educación e Formación Profesional fixo pública a través do BOE a convocatoria de axudas para alumnado NEAE (curso 23-24).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

Para acceder ao texto do anuncio no BOE, prema nesta ligazón.

Para acceder á solicitude, prema nesta ligazón.

 


O martes 2 de maio non haberá clase por ser o día non lectivo escolido polo Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación. 


O mércores 29 de marzo o alumnado de 5º e 6º EP visitou o Parlamento e a Xunta de Galicia.

Esta viaxe realizouse dentro do programa “Coñece as túas institucións”, unha iniciativa pertencente ao convenio de cooperación asinado entre o Parlamento de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.


O día 23 de marzo o alumnado de 5º e 6º EP visitou a exposición FP Innova Galicia 2023 na Cidade da Cultura en Santiago.

Foi unha magnífica ocasión para achegarse ás moitas posibilidades que ofrece a Formación Profesional. O alumnado poido experimentar coas novas tecnoloxías e coñecer proxectos de innovación desenvolvidos nos centros educativos de FP co fin de mellorar diversos procesos de produción e servizos.

O alumnado poido participar ademais nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.


O venres 17 de marzo contamos coa visita de Alexandre Nerium. Esta actividade estivo organizada por Susana Seoane, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua.

 

Alexandre Nerium, ou Manolo López como realmente se chama, é un mariñeiro e poeta fisterrán que, ademais, tamén se ocupa do Museo do Mar de Fisterra. 

 

Manolo falounos dos seus comezos como escritor e de moitas cousas relacionadas co mar, do que é todo un experto.

 

Grazas Alexandre Nerium polas túas palabras.


A tarde do venres 10 de marzo acompañounos Noemí, monitora da escola de vela “Cataventos”. O alumnado de 4º a 6º EP poido coñecer da súa man varias cuestións relacionadas co mar. Falounos da acuicultura, das mareas, do vento, da navegación a vela e do coidado do mar

 

Con esta sesión teórica xa estamos case listos para saír a navegar. Verémonos en xuño no porto de Muxía!

 

 


Esta semana celebramos o 8M, día internacional da muller. Comezamos a mañá colocando uns lazos morados, que por xentileza da ANPA preparou Sofía López, a nai de Claudia. Pola tarde contamos coa presenza de Viki Rivadulla, gran referente de muller traballadora da nosa contorna. Ela falounos das súas “Atlánticas”, mulleres valentes que traballan no mar: redeiras, mariscadoras, mariñeiras, peixeiras, mulleres faro…

Grazas Sofía e Viki pola vosa colaboración.

 


 

Hai unhas semanas a Asociación de veciños “Monte da Urxeira” de Merexo organizou un concurso de debuxo entre o alumnado do noso centro. Ía destinado aos niveis de infantil e de 1º a 4º EP. A temática estaba relacionada coa cría do rodaballo e o uso do mesmo para a elaboración de empanadas. O debuxo gañador ilustraría o cartel para anunciar o 1º Certame de empanadas de rodaballo. Mateo Lema de 3º EP resultou gañador con este debuxo que xa forma parte do cartel.

 


O 14 de febreiro visitounos de novo a Asociación Amicos, que traballa pola integración de persoas con discapacidade intelectual. Nesta ocasión ofrecéronnos un obradoiro de arte reciclada na que poideron participar todos os niveis de infantil e primaria.

 

Ao fío das actividades que xa levamos a cabo con esta asociación (Limpeza da praia dos Muíños e o Xogo do lixo mariño), e que están relacionadas co Proxecto Documental deste curso “Amar o mar”, desta vez lembráronnos a incidencia negativa do lixo no litoral e das especies que saen máis prexudicadas: peixes e aves. A proposta era a elaboración dun peixe ou unha ave con materiais de refugallo que nunca deben ir parar ó mar.

 

Deixamos aquí unha mostra do desenvolvemento do obradoiro. Unha vez máis o noso agradecemento e felicitación á Asociación Amicos non só polo labor a favor da integración senón tamén polas actividades que nos ofrecen para concienciar ao alumnado do coidado da natureza.


O noso patio de infantil vai collendo forma. O alumnado xa dispón dunha zona de asamblea con troncos que tamén poden utilizar para xogar. Ademais están instaladas dúas mesas de picnic.

 


Por iniciativa da ANPA "O Facho", o venres 3 conmemoramos no colexio o Día mundial contra o cancro. Grazas á asociación de nais e pais, todo o alumnado, profesorado e persoal non docente dispuxo dun lazo verde co que amosamos a nosa solidariedade e apoio para todas esas persoas que padecen esta enfermidade.


Este trimestre inscribimos ao centro no concurso PILABOT. Durante 6 semanas contadas a partir do 30 de xaneiro, debemos recoller o maior número de pilas e baterías que poidamos. Deste xeito contribuimos á mellora do medioambiente.

Ademais, ao fío deste proxecto, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de reciclaxe de pilas impartido no propio colexio.

 


A finais do curso pasado presentamos o noso PDI (Proxecto documental integrado) E ti que pintas? ao VIII concurso de traballos por proxectos coordinados desde a biblioteca escolar. 

Por segundo ano consecutivo volvimos a resultar premiados. Unha gran satisfacción, non só polo traballo desenvolvido senón tamén polo aporte económico que supón para continuar invertindo no noso alumnado.


Como este ano o tema do Proxecto Documental Integrado é o mar, a primeira saída cultural do curso foi ao Museo do Mar de Fisterra

O martes 29 de novembro os grupos de 1º, 2º e 4º EP achegáronse á vila mariñeira para aprender algo máis do tema que nos ocupa e, sobre todo, para aprender a "Amar o mar".


Os días 15 e 16 de novembro recibimos no colexio a Amicos, unha asociación de Boiro que traballa con persoas con discapacidade intelectual. É a segunda vez que se achegan ó noso centro para ofrecernos unha actividade que, nesta ocasión, estaba relacionada co noso Proxecto Documental “Amar o mar”

 

A actividade consistía nun xogo “O lixo mariño” no que a través de preguntas de coñecemento, reciclaxe, adiviñas, bailes, cancións, resolución de enigmas etc, os participantes superaban probas avanzando por un taboleiro ata chegar á meta: Un mar limpo!

 

Moitas grazas, Amicos, por facernos pasar un rato tan agradable!

 


Informamos de que todas as familias que recibiron o vale de 50 € para a axuda da adquisición de material escolar, poden recoller outro vale adicional de 25 € na secretaría do centro en horario de atención ao público:



HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

10.00 a 10.55

 

              

 Dirección

   

 

10.55 a 11.50

 

Dirección

 

 

 

12.10 a 13.00

 

 

 

 

 

14.30 a 15.40

 

 

 

 

 

15.40 a 16.30  

Secretaría

 

 

Secretaría

 

 

Este vale adicional deberá empregarse na librería/establecemento antes do 1 de decembro preferentemente.


O comedor do noso colexio participa no Programa Ecocomedores organizado por Menjadors Ecològics e o GDR Costa da Morte. O vindeiro sábado 15 de outubro celebraranse no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso unhas Xornadas de sensibilización con cociña e produción para fomentar os menús saudables e sostibles máis alá dos comedores escolares.

 

Ó longo desa Xornada, e en horario de 13.30 a 14.30, haberá unha Degustación de menús elaborados por chefs de colectividades da Redchef 2030, na que poderán participar as familias da nosa comunidade educativa. Se así o desexan, poden formalizar a súa inscrición cubrindo este formulario: https://forms.gle/hz5C356dKTvRpeKg7

 

Animámosvos a todos e todas a que participedes!


Infomamos que o comezo das clases para Infantil e Primaria é o martes 12 de setembro no horario habitual:

Entrada: 9.30 h (O centro permanecerá aberto desde as 9.20 h para a incorporación paulatina do alumnado)

Saída: 14.15 h

Comedor: de 14.15 a 15.15 h

Lémbrase que por comezar as clases en martes o horario de saída está adiantado 15 minutos, o resto dos días a saída é ás 14.30 da  clase e ás 15.30 do comedor.


Informamos que o vindeiro martes 6 de setembro terá lugar a primeira reunión colectiva coas familias do alumnado de Educación Infantil.

Celebrarase ás 12:00h nas aulas de Educación Infantil do centro. Accederase pola porta principal do edificio (onde se atopa a conserxería), unha vez alí cada titor/a pasará lista e, posteriormente, iremos para a aula de infantil que corresponda. 

Pregamos que só asista unha persoa (pai/nai/titor/titora) por alumno/a e que traian unha foto actual tamaño carnet do seu fillo ou filla.


ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP OS MUÍÑOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas

listas.


Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2022-2023. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de autodeclaración) con todos os datos relativos á súa renda (2021), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

As familias que se atopen nos supostos 1 a 4 do apartado anterior non precisan cubrir o anexo II sempre que presenten a documentación acreditativa.

 

Tramitación

  • O Anexo II pode descargarse no seguinte enlace:

           Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións

          Tamén se pode recoller na entrada principal do colexio desde o 30 de xuño ao   8 de xullo, de 10.00 a 13.00 h (Non se necesita cita previa).

  • Entrega do anexo II:

Por correo electrónico (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal) desde o 1 de xullo ata o 7 de setembro.

Presencialmente na secretaría do centro desde o luns 4 ata o venres 8 de xullo, de 10.00 a 13.00h (Non se necesita cita previa).


Lembren que o prazo remata o día 7 de setembro de 2022.


Estimadas familias:

 

Informamos de que xa está aberto o prazo de solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º EP), de axudas para adquirir  libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (EP e EE) para o curso 2022-2023. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

 

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 21-22 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio 2020.

 

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

No caso de tramitalo a través do centro educativo:

-Solicitude (anexo I) que poderán descargar neste enlace, ou recibila a través do alumnado se a solicitan por medio da axenda.

-Entrega da solicitude cuberta. Preferiblemente escaneada e enviada ó correo electrónico do centro (ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal). En caso de entregala presencialmente, deberán facelo en horario de dirección ou secretaría.

MAIO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

15.40 a 16.10

10.55 a 11.50

10.05 a 10.55

10.05 a 10.55

 

XUÑO 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

13.40 a 14.30

10.20 a 11.10

9.35 a 10.20

9.35 a 10.20

 

-Copia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Se non houbo variacións con respecto ó ano anterior, non é preciso aportar a copia porque xa se dispón dela no centro)

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2020 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

O prazo para a entrega da documentación será ata o 22 de xuño de 2022.


O alumnado de 5º e 6º de Primaria continúa no Proxecto E-dixgal quedando exento das axudas para a

adquisición de libros de texto xa que disporá de libros gratuitos en formato dixital.


Informamos que desde o día 1 ata o 21 de marzo, está aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2022-2023. 

 

A solicitude de admisión deberá presentarse no centro docente indicado como primeira opción, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

Poderán descargar a solicitude desde esta mesma web premendo enriba do enlace que aparece no bloque da dereita (Admisión curso 2022-2023) ou tamén poden recollela na secretaría do centro nos seguintes horarios:

-Luns: de 15.40 a 16.30 h.

-Martes: de 10.55 a 11.50 h.

-Mércores e xoves: de 10.05 a 10.55 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut