Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Rematada a investigación sobre os tabeiróns, convertimos a aula no fondo do mar para facer unha festa

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes entradas deste mesmo blogue:

27/04/18: (2017-2018) Comezamos a investigar sobre os tabeiróns e o mar para convertir a nosa aula nun acuario xigante.  

26/05/18: (2017-2018) Continuamos a investigar sobre o mar e os tabeiróns. Atopamos a primeiras respostas  

08/06/18: (2017-201) Rematamos a nosa investigación sobre os tabeiróns. Todo está listo para convertir a nosa aula no fondo do mar 

 

Como lembraredes, cando comezamos esta investigación sobre os tabeiróns e o man, queríamos conseguir convertir a nosa aula no fondo do mar para facer unha festa alí. Para elo precisábamos saber cousas dos tabeiróns e o mar que fomos descubrindo ó longo das semanas.

Agora que estaba xa rematada a investigación chegou o momento de crear o fondo do mar na nosa aula, para o que escribimos unha lista de cousas que deberiamos facer e incluír na nosa decoración.

 

O profe trouxo un tabeirón que inflamos ata que quedou enorme... tiña branquias e tódalas partes que descubríramos na investigación.

 

Cremos que é un tabeirón branco. 

 

Pendurado do teito daba moitísimo medo.... sobre todo ós peixes.

 

Outra das cousas que tiñamos anotadas na nosa lista eran as "algas" e o "mar" así que co tiras de celofan, que fomos cortando de cor verde e azul completamos a decoración.

 

Para facer as ondas do mar, despois de propoñer varias ideas, acordamos que o mellor era pintalas de azul e logo recortalas, para pegalas no teito. E así o fixemos.

 

Fixemos peixes "globos"...  inflando globos e pegándolle aletas e cola.

 

Pendurámolos no teito xunto ó tabeirón xigante que fixera YAIZA na súa casa coa súa nai e irmán... agora xa tiñamos dous na aula.

 

Con algúns polbos, caraquexos, estrelas de mar e cunchas a nosa aula xa estaba convertida nun mar... incluso na nosa porta.

 

Mentras non chegaba o día da festa preparamos o noso dosier individual a investigación. Para a portada escollemos noso tabeirón favorito de entre os que descubríramos durante a investigación.

 

E fomos completando as diferentes partes, onde contamos todo o que descubríamos ó longo das semanas.

 

Cunha chea de páxinas que tivemos que enumerar.

 

Podes ver como quedou o dosier dun dos nosos compañeiros/as facendo click na seguinte portada.

 

 

 

Xuntamos unha chea de cousas para celebrar a nosa festa... como moitas chuches de animais mariños. Anotamo no noso calendario online a data da festa e convidamos os compañeiros de infantil 1.

 

Decoramos a "tarta do fondo do mar" que fixéramos os que cumpríamos anos en xuño e en verán, descubre como a fixemos nesta entrada:

(2017-2018) Celebramos os aniversarios de xuño do verán. Os últimos do curso.

 

O día da festa preparamos todo  o que iamos ofrecer ós nosos convidados e convidadas.

 

E desta xeito, á vez que celebrábamos os aniversarios do mes de xuño e do verán, que podes ver na entrada que antes che contamos, celebramos a nosa fantástica festa debaixo do mar.

 

 

Ata deixamos no corredor unhas sorpresiñas para os compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Reto conseguido !!!  Conseguimos facer unha festa debaixo do mar.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.