Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Rematamos a nosa investigación sobre Heith Haring

Lembra que podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e
investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

16/05/15: (2014-2015) Comezamos a investigar sobre Keith Haring para pintar o colexio: primeira aproximación 

30/05/15: (2014-2015) Primeiros pasos na nosa investigación sobre Keith Haring  

30/05/15: (2014-2015) Primeiras respostas sobre Keith Haring... nunha liña do tempo 

06/06/15: (2014-2015) Pintamos o mural da aula de usos múltiples e participamos nos obradoiros coas nosas familias  

 

Xa co mural da "sala de usos múltiples" rematado, tal como podes ver na entrada anterior, chegou o momento de poñer unha fotografía do resultado final no noso mural, no lugar que xa lle reserváramos como "producto final socalmente relevante".

 

Tan só quedaban pendentes dúas preguntas por respostar na nosa investigación sobre  Keith Haring, ámbalas dúas relacionadas coas ferramentas que empregaba Haring e nós mesmos, para pinar as paredes.

 

COMO PINTABA KEITH HARING?

Para atopar a resposta a esta pregunta visionamos varios vídeos que tiñamos no noso recanto da investigación, na web do centro, no apartado de INFANTIL (podes acceder a eles desde aquí). Unha vez que quedou claro que que estabamos a buscar  as"ferramentas" que empregaba Haring nas súas creacións, fomos observando e discriminando aqueles que non contiñan a información que estabamos a buscar.

Noutros si puidemos ver e ir anotando nunha listaxe, os diferentes obxectos que empregaba para pintar.

 

Coa listaxe xa rematada, tan só quedaba plasmar estes datos no noso mural da investigación, no espazo reservado para tal fin no mesmo.

 

Velaquí as ferramentas que Keith Haring empregaba nas súas creacións.

 

COMO PINTAMOS NÓS O NOSO MURAL?

Para dar resposta á última das nosas preguntas, a fonte de información fomos nós mesmos, xa que todos e todas tivemos participado no pintado do mural da sala de usos múltiples xunto ás nosas familias.

A través dun diálogo e de "choiva de ideas", fomos creando unha nova listaxe coas ferramentas que lembrábamos ter empregado. Escribíndoa debaixo da de Haring puidemos "comparalas"

 

Novamente plasmamos a nova información no mural da investigación, debaixo do lugar reservado para indicar o "producto final".

 

Velaquí o resultado. Como ves empregamos menos material que Keith Haring nas súas creacións artísticas.

 

E así quedou o noso mural da investigación rematado.

 

Xunto coa liña do tempo que recorría parte da aula, daban resposta a tódalas preguntas que nos plantexaramos ó principio.

 

 

CREANDO O DOSIER - LIÑA DO TEMPO: 

Nesta ocasión o noso dosier individual da investigación, foi un liña do tempo como a que tiñamos na aula, nela iríamos plasmando as respostas ás diferentes preguntas e informacións descubertas, pero situándoas no ano no que tiveron lugar.

Traballando en equipos cooperativos, eleximos a portada do noso dosier-liña do tempo, acordando que obra de Haring ía empregar cada un de entre as catro dispoñibles, e que xa empregáramos nos xogos do pavillón, tal como podes ver en entradas anteriores.

 

O equipo POU, PATRULLA CANINA, NINJA e LOBOS, foron completando os diferentes "momentos" na liña do tempo-dosier dando resposta ás diferentes preguntas sobre Keith Haring.

 

Para completar e situar os diferentes feitos nos respectivos anos, empregamos o mural da nosa investigación, onde xa estaban as respostas a tódalas preguntas. Tan só había que "atopar" a pregunta e resposta axeitada entre toda a información, discriminando a relevante para cada un de nos en cada caso.

 

De mesmo xeito, a liña do tempo da aula, permitiu a cada un dos equipos localizar nos diferentes anos escritos no dosier, os diferentes feitos sucedidos na vida de Keith Haring.

 

 

Podes ver un exemplo da liña do tempo - dosier que cramos cada un de nós AQUÍ, se ben na realidade tiña forma de "acordeón".

 

Desde xeito rematamos a nosa investigación sobre este fantástico artista Keith Haring.

Aínda que tan só nos queda unha semana de clase antes das vacacións verán, cando despediremos ós compañeiros e compañeiras de 5 anos que marcharán cara a primeiro, temos aínda algunhas sorpresas para contarvos... como sempre nunha próxima entrada do blog.

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.