Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Pintamos o mural da aula de usos múltiples e participamos nos obradoiros coas nosas familias

Podes coñecer os proxectos de traballo e investigación sobre Keith Harin, que levamos a cabo nas aulas de infantil, para a nosa participación nesta tarefa, nos recantos de infantil 1 e infantil 2 , ou directamente desde aqui.

 

PINTANDO O MURAL COAS NOSAS FAMILIAS:

Por fin chegou o noso turno, despois de estar mirando cada semana como o mural da sala de usos múltiples se ía enchendo de cor, gracias ó traballo dos restantes compañeiros e compañeiras do colexio, nós teríamos a oportunidade de participar no mesmo.

Para elo invitamos a participar ás nosas familias coas que, ó longo de dous días, fomos pintando a nosa parte do mural (onde había figuras de Keith Haring)

Mesturamos as cores para acadar a que estabamos a buscar:

 

E coa axuda dos nosos pais, nais, avós e avoas, fomos pintando as diferentes partes que tiñamos asignadas. (fai click nas imaxes para amplialas)

 

Organizámonos por parellas para traballar. Xunto a cada familiar cada neno ou nena foi acompañado por outro compañeiro ou compañeira.

 

Así pouco a pouco, e por turnos, fomos dando cor ás diferentes figuras e elementos do mural.

 

Queremos agradecer a todos e a todas a súa colaboración, que fixo posible que a nos parte do mural quedase así de fantástica.

 

Lembra que podes ver todo o traballo levado a cabo polos restantes compañeiros e compañeiras do centro, xunto co proceso de creación e planificación do mesmo desde aquí.

 

OBRADOIRO: "PINTANDO SULETAS DE HARING"

Mentras os diferentes equipos estaban a pintar no mural, e como non era posible facelo todos á vez, os restantes grupos que tiñan que agardar ou que xa remataran, participaron nun obradoiro de creación de siluetas como as de Haring.

 

Axudados polas nosas familias, fomos creando nas dúa xornadas de traballo, figuras como as de Kieth Haring, empregando o noso corpo como modelo para trazar a silueta. 

 

Cando remataban tan só quedaba pintalas da cor que cada quen quixera.

 

E por suposto, xa ó día segunte cando estaban secas, recortalas para conseguir unha chea de figuras-silueta como as de Keith Haring, pero deseñadas e creadas por nós.

 

Con elas decoramos o teito e paredes do corredor de infantil... quedou fantástico e moi divertido.

 

 

OBRADOIRO: "CADEIRAS CON DISEÑO HARING"

En cada unha das dúas xorndas de traballo, a metade dos compañeiros e compañeiras, non ía participar no pintado do mural (xa que os seus familiares virían ou viñeran o outro día). Para eles tamén había preparado outro obradoiro "crear cadeiras como as de Keith Haring", iguais ás que atoparamos entre as diferentes creacións do artista.

 

Mentras estaban a secar xogamos a "ordenar" as dúas partes para ir construíndo diferentes figuras no chan.

 

Coas dúas partes xa rematadas, repartímolas entre as dúas aulas. Como eran seis quedaron 3 para cada un dos grupos.

 

Así de fantásticas quedaron cando as rematamos. Encántanos empregalas no recanto de arte.

 

 

 

Podes descargar a Unidade Didáctica que planificamos para esta tarefa na seguinte ligazón:

UDI - PROXECTO ARTE - Descubrindo a Keith Harin (Infantil) 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.