Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Primeiros pasos na nosa investigación sobre Keith Haring

Lembra que podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación, nas seguintes entradas publicadas anteriormente:

16/05/15: (2014-2015) Comezamos a investigar sobre Keith Haring para pintar o colexio: primeira aproximación 

 

Como en cada proxecto de traballo e investigación, o primeiro paso que levamos a cabo nesta investigación sobre Keith Haring, foi elaborar o noso mural da investigación.

 

Nel anotamos cal sería o noso "producto final socialmente relevante"....

 

Tal como vos comentábamos na entrada anterior, queremos investigar sobre Keith Harin para participar no pintado das paredes da aula de "usos múltiples". 

 

Isto é todo o que sabemos sobre o pintor, despois de ver e dialogar sobre algunhas das súas obras.

 

Entre todos e todas fomos plantexando as preguntas que queremos respostar na nosa investigación,  que como non escribimos dentro na figura de Keith Harin que temos no mural destinada a elo.

 

Para determinar ONDE PODEMOS BUSCAR  cada un dos equipos cooperativos, que vos presentamos na entrada anterior, escribiu unha listaxe daquelas fontes de información que coñecían e crían que podíamos empregar.

 

Cada equipo foi "lendo" as fontes de información que tiña anotadas na súa listaxe, para ilas pasando o noso mural, no lugar acordado.

 

Mentras, os restantes equipos, ían tachando aquelas fontes de información que xa dixeran os restantes equipos. Deste xeito cando chegase o seu turno poderían dicir só aquelas que non estaban repetidas.

 

Preparamos tamén o noso recanto da información, onde organizaremos toda a información que vaiamos xuntado sobre o pintor. Recortamos as letras do seu nome e apelidos en dous equipos.

 

Cada equipo, unha vez recortadas, tivo que ordealas novamente para irllas "pasando" ó profe en orde e que puidese pegar o nome de KEITH HARIN, no recanto da información.

 

Planificamos tamén como nos iamos organizar para investigar, neste caso como xa tiñamos novos equipos cooperativos só tivemos que plasmalo no mural, no apartado reservado a tal fin.

 

Nun papel da cor do noso equipo, que doblamos pola "metade", escribimos o nome do noso equipo xunto ós integrantes do mesmo, na parte interior.

 

Comezamos a recibir información para incluír no noso recanto da investigación, xunto á camiseta e o libro que xa tiñamos ata agora.

Recibimos un panel fantástico, que LOIS creou coa súa familia.

 

Ata a bolsa dunha tenda que tiña debuxos de "KEITH HARIN".

 

Imaxes dalgunhas das obras que creou, entre elas una en PISA (ITALIA), onde xa estivera ZOE o curso pasado nas súas viaxes. Era a mesma torre que a da foto, por iso puidemos recoñecela.

 

Tamén recibimos varios vídeos que nos enviou a familia de MARIA ó email de infantil. Visionámolos na aula e incluímolos no apartado de "vídeos" do recanto da web, xunto con outros que xa tiñamos, e que podes ver desde aquí.

 

Ademáis, aproveitando a tarefa que estamos a levar nas aulas de infantil coa visita dos avós (e que vos estamos a contar noutras entradas), comezamos a pintar os nosos "graffitis" como HARIN no mural da entrada do colexio... agora os nenos e nenas de outras aulas que queiran poden dexiar ahí as súas "pintadas" artísticas.

 

Agora chega o momento da parte máis emocioante, comezar a descubrir as respostas ás nosas preguntas pero iso, como sempre, xa o iremos contando en sucesivas entradas.

Ata entón, se queres facernos chegar algunha información sobre KEITH HARIN, podes facelo na conta de email das aulas de infantil: infantilcampolameiro@gmail.com

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.