Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) CM: Experimentando...

A comezos deste segundo trimestre, nas sesións de Coñecemento do Medio,  encomendóusenos unha tarefa a cada compañeir@ da aula: tiñamos que buscar algún experimento co que explicar aos demais  distintos apartados que íamos a traballar.

Así foi como ao cabo de dúas semanas tod@s fixemos de mestres e mestras explicándolles todo o preparado na casa a través do noso experimento. 

Anxo: Tiña que explicarnos os CAMBIOS QUÍMICOS na materia. Despois de facer distintas probas na súa casa , decidiu prepararnos unha LÁMPADA LAVA, na que xuntando distintas substancias, ao entrar en contacto, reaccionaban entre elas.

- Noa:ocuparíase de explicarnos os CAMBIOS FÍSICOS na materia: contracción, dilatación,... Para elo preparou varios experimentos e dous paneis informativos cos distintos pasos a seguir para levalos a cabo.

 

Laura: Ademais de explicarnos as diferencias entre substancias puras e mesturas, expúsenos os diferentes modos de separar os seus compoñentes: filtración, decantación,... Para elo preparou unha mascota chamada Puri coa que non perdemos detalle de todo o que nos ía contando!

Nuria e Emilio: A pirata Nuria trouxo un capacho, un barco e algúns pasaxeiros cos que experimentar coa masa, volume e densidade destas materias. Emilio faría o mesmo pero comparando os de diferentes tipos de gominolas.

 

Miguel e Lucía: Encargaríanse de falarnos do tempo atmosférico. Para elo Lucía preparou unha gran pantalla de televisión na que fixo de muller do tempo explicándonos o tempo de cada zona de Galicia. A súa vez, o garda de tráfico Miguel, cunha maqueta de carreteras, coches,...íanos dicindo como este tempo afectaba as distintas zonas de autoestradas e o que lle pasaba aos vehículos ó circular.

 

-Raúl: xa que sabiamos que na súa familia contaba cun canteiro, ocupariase de falarnos sobre os minerais, como se clasifican e erosionan. Preparounos unha maqueta na que ao botar auga na parte máis alta percibíase bastante ben en que consistía a erosión e sedimentación. Tamén trouxo martelo, lente, cincel e distintos minerais.

 

- Diego: O magnetismo foi cousa de Diego. Como experimento preparou un barquiño de papel de prata que facía navegar dirixíndoo cun imán.

 

-sobre a Luz entre todos investigamos sobre os arcos da vella  aquelas cuestións que descoñeciamos e dándolle resposta a case todas. Por exemplo que tamén existen os moonbow (arcos da vella nocturnos), algunha das lendas que falan sobre eles, maneiras de poder crealos,...

-e sobre a Electricidade prepararemos uns circuitos eléctricos semellante ao que enviamos como traballo ao Salón do Libro, pero sobre xeografía.

 

-Tamén falamos cos compañeiros de quinto , os que para coñecemento do medio prepararon outros tantos experimentos. Pedímoslles se nos podían falar sobre os volcáns, e deseguido viñeron . Tíñannos preparado unha presentación na PDI e unha maqueta dun volcán.

Aproveitamos para traballar a recollida de apuntamentos de todo o que nos ían contando. A algúns o de escribir e escoitar á vez costoulles bastante, mais pouco a pouco...

Seguindo cos experimentos...  na nosa visita ao Salón do Libro participamos nun taller dunha hora no que estivemos a facer experimentos con distintas materias. Foi unha moi boa coincidencia!

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.