Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Participamos nas actividades do Salón do libro e visitamos ó lobo ORBIL

Como xa vos fomos contando noutras entradas dos blogues de infantil, estivemos nas últimas semanas preparando o noso traballo para o "Salón do Libro" (podes consultalo aquí de nos recantos de infantil 1 e 2).

O día 27 de febreiro chegou o gran día, por fin iríamos visitar ó lobo ORBIL e a participar nas actividades do Salón do libro 2015, co título "Da Ciencia á ficción".

 

No autobús os compañeiros de infantil 2 foron seguindo mapa que elaboraran na aula, identificando os diferentes lugares que tiñan anotado nel.

 

Cando chegamos ó Pazo da Cultura de Pontevedra, xunto ós compañeiros de outros cursos de primaria do centro, descubrimos que seríamos os primeiros en participar este ano nas actividades do Salón do libro.

 

Cando entramos xa nos estaba agardando dentro o noso amigo "o lobo ORBIL", o que como cada ano nos abrazamos todo o que puidemos.

Non sei se o sabedes, pero ORBIL son as letras de LIBRO do revés... vaia nome tan curioso que lle puxeron, non si?

 

Xa dentro Tareixa foi a encargada de contarnos varios contos de "ciencia ficción" dentro dun "planeta un pouco raro". Descubrimos a historia dos medos de Alicia, o conto da mosca, a terra que partira polo medio e moito máis.

 

Tamén descubrimos a ORBIL dentro dunha nave espacial de camiño a un planeta, cun extraterrestre que non tiña cara de estar moi contento coa visita.

 

Despois da merenda, vistamos a exposición e as diferentes salas... entrando por unha "porta estelar".

 

O primeiro foi localizar a nosa máquina do tempo.

 

E comprobar que alí estaba o noso libro "ciencia ou ficción"... agardamos que lles guste a tódolos visitantes. 

 

Se visitades o salón do libro, non deixedes ver os traballos de tódolos centros participantes... que son fantásticos.

                  

E por suposto non vos esquezades de entrar na nosa "máquina do tempo" e botarlle unha ollada ó noso libro reloxo que hai  nela.

 

Montamos nunha nave espacial que podía viaxar á velocidade da luz, os profes puxéronse a conducilas e foron como tolos de rápido ;), menos mal que antes puxeramos os cintos de seguridade.

 

A sala do caleidoscopio pareceunos moi sorpendente... xa que a cor das paredes cambiaba grazas ás cores que tiña o cubo pendurado do teito.

 

Metímonos nas "caixas" tranportadoras que dentro tiñan diferentes texturas.

 

Visitamos a zona dos contos "interactivos", tan só había que tocar un botón e sucedían cousas "curiosas" nos diferentes contos clásicos que había dentro.

 

Tivemos tempo de facernos unha foto "no espacio" na sala dos clones... todo grazas a un grande espello na parede.

 

Antes de marchar aproveitamos para botar unha ollada ós libros que sobre "ciencia e ficción" había na biblioteca do salón.

 

E como aínda nos sobraba algo de tempo fomos a xogar a un parque cheo de columpios de madeira.

 

Foi un gran día... agora tan só nos toca agardar outro ano para poder voltar a visitar ó lobo ORBIL co colexio, pero aínda podemos ir polas tardes coas nosas familias ó salón do libro, onde seguro que o atopamos e podemos voltar a disfrutar de todo o que hai nel.

 

Podes ver máis imaxes desta visita, dos nosos compañeiros e compañeiras de outros cursos na galería fotográfica da web.

Lembra que podes visitar o salón do libro ata o 28 de marzo, no Pazo da cultura de Pontevedra. Horarios e máis información na web oficial www.salondolibro.org ou ben no programa oficial que podes descargar directamente dese aquí

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.