Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Participamos no Entroido e no Meco- elaboramos o noso disfraz.

O pasado 13 de febreiro celebramos o Entroido no cole.

Durante esa semana preparamos os nosos disfraces, e  tamén particamos nas xa tradicionais ordes do "Meco".

 

O MECO MANDA...

Os nenos e nenas de infantil fomos os primeiros en decidir, qué orde daría o Meco sobre cómo vir vestidos.

Despois de reunirnos as dúas aulas e dar ideas, decidimos o que deberíamos traer postos todos e todas o luns seguinte:

      

(ROUPA VERMELLA, O NARIZ PINTADO DE VERMELLO E UNHA BUFANDA ATADA Á CINTURA)

E así foi, aquí podedes vernos a todos moi moi vermellos!

   

Cada día nos reuníamos en torno ao meco para ler a seguinte orde e de paso fotografiarnos todos xuntos.E ademáis anotábamos cal era a seguinte orde,para levar a casa e informar ás familias.

   

 

A orde para o martes era vir con calcetíns diferentes por fóra da roupa.

  

A do mércores, un bigote pintado e unha gorra do revés.

   

E a do xoves, vir de ricos.

Cada día, facíamos un rexistro pegando a fotografía e escribindo as palabras clave da orde.

 

ELABORAMOS O NOSO DISFRAZ DE CIENTÍFICO

Como este trimestre estamos levando a cabo semanalmente diversos experimentos,  e participaremos no Salón do Libro Infantil de Pontevedra, que ten como temática "Da ciencia á ficción", a idea de disfrazarnos de científicos foi collendo forza e pasamos a elaborar os traxes.

Despois de ver algunhas fotografías na pizarra dixital de disfraces de científicos e falar do que poderíamos levar posto, materiais que necesitaríamos,... comezamos a elaboración.

Recortamos a bolsa branca que faría de bata, pegándolle tiras de iron fix negro, para marcar os bordes

               

         

e debuxamos, os maiores, cunha plantilla dun círculo, os botóns que necesitaríamos para cada equipo, tendo en conta que cada neno necesitaba dous. Para logo recortalos e pegalos na bolsa e colocarlle dous ou catro gomets que imitarían os buratos dos botóns.

Pintamos as gafas (feitas con rolos de papel hixiénico) e as carpetas que levaríamos con témpera negra.

   

Ó rematar, para organizarnos e non mezclar o material, cada quen tiña a súa folla de xornal co seu nome, onde collera previamente o cartón, e debía deixalas no mesmo sitio, xunto coas gafas.

  

Alí tamén colocábamos a nosa paxariña, que os profes fixeron e que nós decoramos con gomets, coa única condición de que debían ser circulares e todos da mesma cor.

   

Cando a carpeta secou fomos escollendo unha folla de fórmulas para pegar polo outro lado

    

Tamén escollemos un icono relacionado coa ciencia para pegar na pinza suxeita papeis que levaaríamos na carpeta.

             

 

E chegou o día do "desfile", que inicialmente ía realizarse polo pobo, pero debido á choiva, tivo que facerse no pavillón.

Así de guapos estábamos tod@s!

 

   

Alí estaban as familias, o resto de compañeir@s e uns robots moi especiales (que eran as profes Marga e Loli disfrazadas) que animaron o percorrido.

   

   

Ó rematar de desfilar voltamos ás aulas de infantil a degustar os postres tan ricos que trouxéramos.

 Esperamos que o ano próximo non esté tan pasado por auga como este entroido e poidamos desfilar polo pobo.....aínda que para iso falta todavía un ano!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.