Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Continuamos experimentando e preparando o traballo para o Salón do libro

Podes ver os pasos anteriores e o proceso na seguinte entrada:

07/02/15: (204-2015) Facemos experimentos científicos para elaborar o traballo do Salón lo libro

 

CONTINUAMOS EXPERMIENTANDO:

Como comentábamos na última entrada, deixamos pendente o noso experimento para facer ovos "saltaríns", despois de agardar os catro días observamos e dialogamos sobre o que sucedeu.

O primeiro foi ver se os "ovos de control" sufriran algún cambio, comprobando se podían rebotar, tanto un como o outro seguían rompendo.

 

Chegamos á conclusión que deixándoos ó aire ou con auga non lle sucedía nada. De feito rompían como antes de comezar o experimento, se ben nos pereceu que o ovo en auga "rompía menos" que o ovo que estivera ó aire.

 

Cada equipo foi comprobando que lle pasara ó seu ovo, que estivera en vinagre durante catro días. Cunhas lubas fómolos sacando do vinagre e limpándoos con auga... e efectivamente rebotaban se o tirabas a modo. Ademáis xa no tiña a cáscara... que estaba desfeita no vinagre.

 

Ó tocalo descubrimos que era máis grande que antes, que estaba suave e brandiño, e por dentro aínda se movía... estaría duro tamén por dentro? Decidimos comprobalo deixámdoo caer desde o alto... nalgúns casos custou moito facelo romper pero, tódolos equipos puideron ver que o seu ovo por dentro seguía estando igual.

Dialogamos un anaco que foi o que sucedeu... xurdiron varias hipóteses e para ver se estabamos no certo  vimos algún vídeo onde explicaba a causa de que o vinagre "comese" a cáscara do ovo e deixase só a membrana interna que era moi "flexible" e "impermeable".

Tra-lo expermiento, como cos anteriores, completamos a folla correspondiente do noso caderno de campo e "inventamos unha historia de ficción" pera este "feito científico".

 

"COCA-COLA EXPLOSIVA" 

O úiltimo dos experimentos que estarían presentes no noso traballo para o salón do libro, que non o último experimento que iamos facer, era o da "coca cola explosiva".  Decidimos facelos fora "por se manchábamos o chan".

Dialogamos en primero lugar onde sería o mellor sitio para facelo. Algúns propuxeron facelo na pista d fútbol, na parte de cemento, no patio cuberto ou na terra. Despois dun debate de ideas acordamos que non se podía facer nun lugar onde viñesen logo os compañeiros e "esbarasen" e que era mellor facelo na terra porque "chuparía" a coca-cola.

 

Cada equipo preparou a súa botella de coca-cola e os "mentos" (eso si despóis de probalos, porque é importante que todo o material era correcto ;) ).

 

Cando metíamos os mentos na botella sucedía "unha explosión" e todo saía por fora....

 

Xa de volta na aula, deixamos as botellas cos restos de coca-cola e observamos como os mentos estaban no fondo... pero ó final da mañá xa non estaban, despareceran.

 

Nesta ocasión xurdiron varias hipóteses do que tiña sucedido, algúns falaron de "maxia", pero foi discutido polos outros compañeiros dicindo que tiña que haber algunha explicación científica.

Acordamos que seguramente os "mentos" facían que as "burbullas" da coca-cola se fixeran máis grandes e por iso saían para fora de forma tan explosiva. (o cal non está moi lonxe do que en realidade sucede).

Elaboramos tamén a correspondente folla do caderno de campo e inventamos a última história para o noso libro. 

 

PREPARAMOS O TRABALLO PARA O SALÓN DO LIBRO:

O centro vai levar ó Salón do libro unha "máquina do tempo", onde incluiremos o noso libro e os dos compañeiros e compañeiras dos outros cursos participantes.

Elaboramos os noso deseños de como podería ser a máquina do tempo.

 

Pendurámolos no corredor xunto ós dos que fixeron os demáis compañeiros e compañeiras do centro.

 

En Educación Infantil, xunto ós compañeiros/as da outra aula, iamos elaborar un libro titulado "ciencia ou ficción"... onde por unha banda contaríamos os expermientos que estamos a levar a cabo nas dúas aulas é, a partir deles, inventar histórias de ficción a partir dos mesmos.

Como xa tíñamos as historias inventadas, que fixeramos despois de cada experimento, por equipos creamos a ilustración de cada una das catro historias. 

 

Así quedaron as ilustracións de: "O demo de electricidade", "O ovo saltarín", "O vaso pegañento" e " Explosión de coca-cola".

 

Como era moito texto para escribir, xa que nos quedaron uns contos un pouco longos, acordamos que escribiríamos diferentes comezos e finais de contos, e que o resto o imprimiríamos do ordenador, onde xa o fóramos escribindo no seu momento.

 

Xa estaba preparada parte da historia, tan só faltaba pegarlle o resto.

 

Para iso cada equipo buscou no ordenador a súa historia, lendo o seu título, e imprimiuno.

 

Tan só faltaba recortalo e pegalo entre o "encabezamento" e "o final" que xa tiñamos escrito.

 

E por suposto tamén escribimos o título de cada historia e firmamos como "autores do mesmo".

 

Nunha próxima entrada xa vos amosaremos como quedou o noso libro rematado, e como participamos na confección da máquina do tempo elaborada no centro.

Ademáis aínda nos quedan por facer e contarvos outros expermientos, pero iso será na seguinte entrada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.