Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin

Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:

27/11/14: (2014-2015) Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película 

 

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, comezamos a investigar sobre Charles Chaplin para poder facer, unha vez rematada a investigación, unha película como as súas.

O noso recanto da investigación tiña xa moitísima información, e o recanto de vídeos da web, contaba xa con material suficiente como para poder abordar o traballo coas primeiras preguntas. 

 

Aínda quedaban por explorar algunhas das fontes información que fomos capaces de propoñer, entre todos e todas.

 

Nesta ocasión decidimos respostar catro das preguntas que tiñamos plantexadas, traballando cos equipos cooperativos.

O primeiro foi asignar a pregunta a cada equipo, e para poder organizarnos e non esquecernos, pegamos unha fotografía de cada equipo, xunto co seu nome, no espacio reservado no mural para respostar a pregunta que correspondía en cada caso.

 

O equipo TERREMOTO, sería o encargado de buscar en libros se Chaplin tivo ou non fillos.

 

O equipo RA, empregando diferentes fotocopias e documentos impresos, sería o responsable de buscar en onde viviu Chaplin.

 

O equipo POKEMON buscaría no ordenador cantas películas fixo, e como se chamaban.

 

Por último o equipo CABALO, ó igual que os restantes tería que artellar estratexias para descubrir se Chaplin tamén fixo os debuxos animados nos que sae, e que podemos ver na tele.

 

Algúns equipos foron capaces de organizarse rápidamente e buscar a resposta, e outros precisaron que o mestre lles dese "consellos" de como poder organizar o traballo, como falar para poñerse dacordo, etc.

Cada equipo foi conseguindo a resposta á súa pregunta, plasmándoa como considerou de forma acordada, para poder incluír a resposta no mural, no espazo asignado.

 

TIÑA FILLOS? CANTOS?

Descubrimos que si tivo varios fillos, e que unha delas era unha actriz famosa, como Chaplin e aínda estaba viva.

 

E así quedou plasmado no mural da investigación.

 

CANTAS PELÍCULAS FIXO? COMO SE CHAMABAN?

Descubrimos que fixo 88 películas, e copiamos os títulos dalgunhas delas, as que tiñamos no recanto de infantil da web.

 

Con capturas de cada unha das películas, e o seu título debaixo demos por respostada esta pregunta.

 

 

OS DEBUXOS ANIMADOS QUE HAI NA TELE: FÍXOOS CHAPLIN?

Mirando un vídeo de debuxos animados, puidemos ler que o "creador" non era Chaplin, senón outra persoa. Copiamos o nome do autor como resposta.

 

 

ONDE VÍVIU? 

Descubrimos que vivira nunha chea de países, e para representalo no mural imprimimos as bandeiras de cada un deles. O último foi Suiza, como xa sabíamos da pregunta de se estaba vivo, xa que alí foi onde morreu.

 

A resposta quedou no mural deste xeito:

 

O traballo de equipo feito de forma cooperativa ben merecía celebralo cando rematamos, e que mellor que unha "aperta de grupo".

 

E por suposto, unha avaliación positiva do noso traballo como equipo... reflexionando sobre o que criamos que non funcionou de todo ben, e como deberíamos facer para que funcionase a próxima vez que traballásemos xuntos.

 

O nosa investigación xa tiña varias respostas... agora tan só quedaba contarnos uns ós outros os descubrimentos que fixeramos. Eso si, antes cada equipo tiña que falar para decidir de que xeito lle ía contar ós compañeiros e compañeiras todo o descuberto.

 

O equipo POKEMON contounos coa xuda no mural todo o que descubrira sobre as películas de Chaplin, e ata tivo que respostar algunhas preguntas. Contáronnos que fixera 88 películas e que tiñan títulos como: O gran dictador, o gas da risa, tempos modernos ou luces da cidade, explicándolle os demáis a que película se correspondía cada un dos vídeos que tiñamos na web.

 

Cando rematou, como os restantes equipos, escribiu un SI, ó lado da pregunta que xa tiña resposta, agora que xa todos e todas a sabían.

 

O equipo CABALO explicounos que os debuxos animados non os fixera Chaplin, senón outra persoa, e que por iso eran en cores e non en branco e negro, porque estaban feitos na actualidade.

 

Coñecimos que tivera 5 fillos, e que unha delas era unha actriz famosa chamada "Geraldine Chaplin", gracias o que no contaron os integrantes do equipo TERREMOTO.

 

Novamente coa axuda no mural, o equipo RA, foi contándonos tódolos países nos que estivo vivindo Chaplin.

 

Agora tan só quedaba plasmar no nosos dossieres persoais todos estes descubrimentos

 

Continuamos a recibir nova información que atopamos xunto as nosas familias, algunhas foron chegando por e-mail, incluso de VICTOR, un compañeiro de quinto, que nos fixo chegar un correo con dous vídeos que non tiñamos sobre Chaplin, e que xa podes ver no apartado de vídeos do recanto de infantil.

 

E ata un libro enorme que falaba sobre "Chaplin", onde de seguro atoparemos a resposta as preguntas que aínda nos quedan por respotar.

 

En próximas entradas manterémosvos ó día de como vai transcurrindo a nosa investigación.

Lembrade que se tedes algo que contarnos sobre Chaplin, podes facérnolo chegar por e-mail a infantilcampolameiro@gmail.com

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.