Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Rematámo-lo noso proxecto de investigación sobre o Mundo cuns experimentos

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nestas entradas anteriores:

11/12/13: (2013-2014) Como se fixo o mundo?... iniciamos o noso primeiro proxecto de traballo e investigación deste curso. 

30/01/14: (2013-2014) Continuamos a investigar sobre o mundo: como apareceron os animais e as persoas?

08/02/14: (20013-2014) Como é e como se fixo a terra?, e a lúa?... continuamos co noso proxecto de investigación. 

 

Aínda nos quedaban algunhas preguntas por respostar no noso proxecto de investigacion sobre o Mundo, e mentras estabamos a buscar información nun vídeo, descubrimos algo que nos sorprendeu "O CONTINENTE PANGEA".

 

QUE É PANGEA?

No vídeo contábanos que os continentes, que xa sabíamos o que eran porque o descubríramos noutra pregunta, cando existían os dinosaurios (que investigáramos o curso pasado), estaban todos xuntos nun único continente que se chamaba PANGEA, e que se foron separándo co tempo ata estar como hoxe.

 

Explicamos este descubrimento no noso mural da investigación e tamén no dossier persoal de cada quen. 

 

 

COMO SE FIXERON OS RÍOS E OS MARES?

Outra das preguntas que quedaban sen resposta era saber "como se fixeron os ríos e os mares", para esta pregunta o profe tíñanos preparada unha sorpresa.

Nunha substitución que tivo que facer na aula dos compañeiros e compañeiras de terceiro, propúxolles se querían vir a contarnos a explicación a estas preguntas,así que os que estiveron interesandos, organizáronse en dous equipos e buscaron información ó respecto.

 

Viñeron á nosa aula para preparar as súas "presentacións", que empregarían na explicación que nos ían dar e que quedaron en preparar pola súa conta.

 

Finalmente viñeron os dous equipos a contarnos como se fan os ríos.

 

E como se fan os mares.

 

Puidemos facerlles moitas preguntas, e deixáronnos as súas "presentacións" para poder engadilas ó noso mural como resposta ás preguntas.

Para agradecerlles a explicación, e como estaban moi interesados por saber todo o que descubríramos, explicámoslles tódolos nosos descubirmentos, pero sobre todo como foi a evolución dos animais ata chegar ós homínimos, e logo os humanos, feito que os deixou moi sorprendidos.

 

 

DESCUBRINDO A CHARLES DARWIN:

Entre a información que tiñamos no recanto da investigación, atopamos a fotografía dun home que nos pareceu moi curioso. CHARLES DARWIN, cando o profe leu o que poñía no texto ó pe da fotografía, descubrimos que foi un investigador "coma nós ;)", que investigou e descubriu a "evolución dos seres vivos", a mesma que nós explicamos no noso mural. Pareceunos unha persoa moi importante e decidimos incluilo tamén no noso mural da investigación.

 

Explicamos tamén que se adicou a investigar a evolución, así que o unimos cunha flecha ata o esquema onde explicabamos a evolución dos animais no noso mural.

 

Por suposto, tamén engadimos unha folla sobre Darwin no noso dossier da investigación, nesta ocasión debuxándoo como cada quen o veía.

 

 

DE QUE COR É A AUGA?  EXPERMIENTAMOS.

Tan só nos quedaba unha pregunta para rematar a nosa investigación, tiñamos que descubrir de que cor era a auga do mar, xa que dos diálogos conxuntos non sacabamos ningunha conclusión: algúns crían que era azul, outros que era blanca...

Decidimos expermientar coa auga a ver de que cor era, así que, por equipos, e con recipientes cheos de auga, comprobamos que se poñíamos folios de cores debaixo a auga cambiaba de cor. 

 

Pero si mirábamos de lado, non se vía a cor do folio... que curioso non?

 

Ademais, poñendo moitos folios de cores diferentes, a agua víase de todalas cores, "como se estivese pintada a anacos".

 

Chegamos á conclusión de que a auga non era de ningunha cor, que era como o cristal: TRANSPARENTE e que se podía mirar a través dela.

Así o indicamos no noso mural da investigación.

 

POR QUE VEMOS A AUGA DO MAR DE COR AZUL? EXPERIMENTAMOS

Agora que xa sabíamos, e tiñamos comprobado, que a auga era transparente, o misterio era aínda maior... por que a auga do mar se vía de cor azul se a auga é transparente.

Estivemos falando e propoñendo diferentes hipóteses, estivemos de acordo en que seguramente se debía a que era salgada.

Para comprobalo botamos sal na nosa auga, e cada equipo comprobou que non cambiaba de cor, seguía sendo transparente aínda que fose salgada como a do mar... a nosa teoría estaba equivocada.

 

Para atopar unha resposta a este enigma o profe propúxonos facer un expermiento cun espello (podes velo neste video en internet onde explica como facer un expermiento coa auga, para facer un arco da bella coa luz.)

Coa luz apagada e cunha linterna descubirmos que da auga saían cores como un arco da bella, entre eles o que máis se miraba era a cor azul... ahí estaba a resposta, o que facía que auga do mar parecese de cor azul era os raios do sol. Esto mesmo sucedía cando chovía e os raios do sol atravesaban as gotas de auga, por iso aparecen os arcos da bella.

 

Expermientamos cun CD onde tamén se podía ver como aparecían as cores do arco da bella.

 

Anotamos os resultados dos nosos experimentos nunha folla de rexistro, que engadimos no noso dossier da investigación.

 

Finalmente engadimos no noso mural a resposta á pregunta. Por fin descubrimos por que a auga do mar se ve de cor azul debido ós raios do sol, aínda que a auga sexa transparente en realidade.

 

 

REMATANDO O MURAL DA INVESTIGACIÓN:

Por fin tódalas preguntas tiñan escrita a palabra SI, o cal significaba que xa tiñamos tódalas respostas que estabamos a buscar.

 

Tan só quedaba darlles os últimos retoques ó noso mural, antes de poñelo no corredor para que tódolos compañeiros de colexio puidesen coñecer tódolos descubrimentos.

 

Así quedou o noso mural da investigación rematado... como podds ver descubrimos unha chea de cousas.

(Fai click na imaxe para ampliar o mural)

 

 

COMPROBANDO TODO QUE APRENDIMOS DURANTE A INVESTIGACIÓN:

Coa investigación xa rematada estivemos comprobando cales dos nosos coñecementos previos, que anotáramos ó comezo do proxecto de investigación, eran correctos e en cales estabamos errados.

 

Fomos marcando nunha folla se eran certas ou non, co que agora xa sabiamos.

 

Marcamos de vermello aquelas que eran incorrectas e de verde as que si eran correctas. Algunhas das ideas previas fixéronnos moita gracia co que agora sabiamos.

 

 

INTERCAMBIANDO DESCUBRIMENTOS:

Para solventar unha dúbida dos compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil, explicámoslles todo o que descubríramos e como se produciu a evolución dos seres vivos.

 

Pola súa banda, eles contáronnos a nós tódolos descubrimentos que fixeran sobre os cans, sobre os que estiveran a investigar (podes atopar o proceso desa investigación no recanto de infantil 1)

 


REMATANDO O NOSO DOSSIER PERSOAL:

Tan só nos quedaba rematar o noso dossier persoal, para poder levalo para as nosas casas e poder contar todo o que descubrimos durante estes meses.

Debuxamos as fontes de información que empregamos na nosa investigación.

 

Para a portada empregamos o debuxo que fixeramos sobre o mundo e, traballando con equipos cooperativos, escribimos con letras "mesturadas" o título do dossier.

 

Xa estaban listos para levalos para as nosas casas.

 

 

 

AQUÍ PODES VER UN EXEMPLO COMPLETO DO NOSO DOSSIER PERSOAL DA INVESTIGACIÓN

Fai click na portada do dossier para ver o seu contido completo

 

 

E ASÍ QUEDOU  O NOSO MURAL NO CORREDOR DO COLEXIO.

Agora todos e todas podedes consultar toda a información que atopamos.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.