Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro

Un curso máis na nosa aula imos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Para elo temos que preparar un traballo sobre o tema deste ano que desta vez é...

Apetitossssso!

Desta vez decidimos traballar "as recetas", mais dun xeito un pouco especial, coma a ocasión o merece!

Cociñaremos cadros de pintores famosos, en concreto bodegóns.

Xa que pouco, ou máis ben nada, sabiamos sobre o tema, comezamos preguntándonos o que sabiamos sobre o que era "bodegón". Veredes o que saiu ...

Despois dunhas pequenas pistas para centralos un pouco no tema, decidiron que querían atoparlle resposta ás seguintes preguntas...

Repartímonos o traballo e... mans á obra. Gracias ao diccionario, algunhas fotocopias con información sobre o tema, fotos que algún trouxo de cadros da súa casa, traballos de plástica feitos en cursos anteriores e , sobre todo, aos ultraportátiles, deseguida comezaron a aparecer as primeiras respostas.

 

Íamolas anotando en papeis de cores co número da pregunta respostada e pinchándoos no taboleiro.

Para que así os demais compañeiros os puidesen ir anotando no seu dossier onde recollemos cada un de nós toda a información que imos traballando sobre o tema.

Xa ben sabido o que era un bodegón, a mestra repartiunos a cada un cadros nos que pintores famosos pintaran alimentos. (Goya, Velázquez, Frida, Andy, Clara Peters, Botero, "Mercedes Ricoy", ...)

 

Con eles, e axudados polos cociñeiros e cociñeiras das casas, libros de receitas e un pouco de imaxinación...comezaron a sair as primeiras e saborosas recetas!

Xa correxidas pasámolas a limpo na plantilla coa que formaremos o noso recetario de arte.

Cada unha delas vai acompañada da ilustración dos oito pasos a seguir no seu proceso de cociñado. Posto que ademáis de bos cociñeiros tamén somos bos artistas!

Nos próximos días amosaremos o resultado final do recetario! Polo momento temos posto algunhas das páxinas no taboleiro do noso corredor.

Ademais deste traballo para o Salón do Libro, aproveitamos o tema para traballar outros contidos coma:

-os textos en estilo indirecto: conversando cada un de nós co artista que pintara o seu bodegón.

-a acentuación en interrogativos, ao plantexarnos as cuestións que queriamos resolver.

-a descripción de persoas: neste caso dos nosos pintores e pintoras.

-o debuxo do noso propio bodegón con material escolar.

-a comprensión de textos: dunha lectura sobre un dos artistas traballados, Botero;

-e dunha noticia de prensa sobre o gran cociñeiro español Ferrán Adriá sobre a súa exposición de pinturas dos seus platos de cociña no Drawing Center da Gran Mazá de New York

-a búsqueda de información: cada un tendo que atopar resposta a catro preguntas sobre o seu pintor, coas que cubren unha tabla coa información de todos eles.

-  situar nun planisferio a cada un dos pintores e pintoras

-...

Nin nos imaxináramos que un bodegón puidese dar tanto de si!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.