Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Rematamos a nosa investigación sobre Exipto

Podes ver os pasos anteriores desde proxecto de investigación nestas entradas:

-  Comezamos a investigar sobre Exipto

- Investigamos sobre Exipto: Os xeroglíficos e as pirámides.

- Investigamos sobre Exipto: comezamos a construír a nosa gran pirámide.

- Creamos uns "pasatempos exipcios" para a revista escolar.

Investigamos sobre Exipto: Rematamos a nosa gran pirámide

 

Continuamos coa nosa investigación sobre Exipto porque aínda nos quedaban por respostar algunhas preguntas. Despois de lembrar todo que o que xa descubriramos (e que podes ver nas entradas publicadas anteriormente), fomos escribindo un "SI" ó lado daquelas preguntas que xa tiñan resposta.

Unha vez tivemos claras que preguntas faltaban por respostar puxémonos mans á obra.


Buscamos respostas ás  preguntas:

Un equipo encargariase de buscar a información da súa pregunta no ordenador.

 

E outros equipos decidiron seleccionar aquela información que si tiña que ver coa súa pregunta, descartando aquela outra que trataba doutro tema.

 

Algúns equipos decidiron empregar tamén as fotocopias e follas impresas que tiñamos no recanto da investigación.

 

Moitas veces, cando un equipo atopaba información dunha pregunta que estaba a investigar outro equipo, decidía "levarlla" para que puidesen afondar no tema.

 

Cada equipo xuntou, respectivamente, unha chea de información  das preguntas que quedaban por respostar. 

Tan só quedaba explicarlle ós restantes equipos os seus descubrimentos.

 

 

Explicamos os descubrimentos ós demáis:

Explicáronnos que eran as MOMIAS, onde as metían, e como os faraóns se convertían en momia. Tamén debatimos sobre se as momias estaban vivas ou non como nos debuxos animados.

 

Outro dos equipos explicounos que ANIMAIS había en Exipto. Entre eles pareceunos interesante que tamén  momificaban ós Gatos dos faraóns, e os metían tamén nas pirámides.

 

Que tipos de PROFESIÓNS había foi explicado por outro dos equipos, quen descubriu que había peluqueiros e médicos 

 

 

 

Qué comían, onde vivían... a que xogaban?

Mentras buscabamos información para dar resposta ás preguntas anteriores, fomos xuntando "de paso" información para outras das preguntas que tiñamos plantexadas.

Despois de observar, analizar, comentar e escoitar o que poñía en certos textos, conseguimos descubrir que comían, onde vivían e a qué xogaban? 

 

 

Plasmamos a información atopada:

Cando xa todos tiñamos claras as respostas ás preguntas investigadas, chegou o momento de plasmar a información no noso mural. 

Cada equipo decidiu como "quería contar no mural" o que fora descubrindo.

 

Pegando fotografías, escribindo textos, facendo debuxos... eso sí "tiña que ser un traballo no que cada membro do equipo contribuise nalgo"... que podía aportar cada quen?

 

E así quedou o noso mural da investigación, xa con tódalas preguntas con resposta. Fai click na segunte imaxe do mural da investigación para ampliala e vela con detalle.

 

 

 

O entrerro do faraón... e do "gato momia"

Como xa sabiamos que as momias non "estaban vivas" senón que eran Faraóns mortos que enterraban nas pirámides, dramatizamos na aula o proceso de momificación e enterro na nosa pirámide.

Un equipo foi o encargado de "momificar" un boneco da aula, que sería o noso faraón. Tiveron que decidir o material que precisarían, organizarse para facelo entre todos e atopar un "xeito" de que quedase todo envolto.

 

Outro equipo decidiu convertirse en "carpinteiros expicios" e construir un sarcófago para enterrar o noso Faraón. Partindo dun rectángulo de cartón, dérono convertido nunha caixa e logo nun sarcófago... foi moi interesante discutir e probar diferentes formas de facelo, ata que atoparon unha que si funcionaba.

Ademáis houbo que ter moito coidado de que o faraón puidese caber dentro.

 

Un terceiro equipo decidiu que tamén deberiamos momificar un gato porque, tal como descubriramos eran animais moi importantes en Exipto, tanto que cando morrían "arrancaban os pelos das cellas".  Decidimos facer a momia do gato pero "non arrancar os pelos de verdade" jeje.

 

Con debuxos e xeroglíficos que tiñamos entre a nosa información rematamos o sarcófago.

 

Cando o faraón estaba momificado, e tal como descubriramos, enchemos o sarcófago cun "tesouro" que fomos debuxando.

 

Ata o gato momia tivo un colar de xoias.

 

Con todo preparado chegou o momento de "levar o faraón e mailo gato ata a nosa pirámide".

Sabiamos da nosa investigación que arrastraban o sarcófago pola area tirado de cabalos ou vacas. Buscamos unha vaca entre os nosos bonecos e un can que fixo as veces de cabalo... cunhas cordas atadas a cada un tiñamos xa ó faraón preparado para a viaxe.

 

Para arrastrar ó gato momia empregamos unha tapa da caixa de xoguetes, e JOAQUÍN decidiu que o seu can "BOLITA" se ofrecese voluntario para tirar do gato momia.

 

O can de NOA  saiu en axuda de Bolita e entre os dous seguro que poderían tirar do gato momia.

 

Acompañados polos "cidadáns exipcios", e arrastrados polos animais deron chegado ata a pirámide.

 

E alí, dentro da pirámide, onde había xeroglíficos "enterramos" ó faraón e o gato momia... esperamos que non veñan os ladróns de pirámides a roubarlles o tesouro.

 

Como homenaxe ó novo faraón e para lembrar os que acabamos de meter na pirámide, bailamos como os "exipcios", ou como cada quen pensaba que o facían, empregando unha música do antiguo Exipto que atopamos no ordenador.

 

 

Completamos o noso Dossier:

Coa investigación rematada, chegou o momento de completar o noso dossier persoal, ademáis de para poder levar para casa unha testemuña da nosa investigación, tamén nos serviu para lembrar, secuenciar no tempo e valorar o noso grao de implicación na investigación e descubrir "todo o que aprendimos no proceso".

 

En ocasións escribiamos, debuxabamos ou interpretabamos de forma autónoma a información para plasmala no noso dosier. Noutras buscabamos no noso mural da información, "seleccionando" aqueles contidos que se correspondían co que fataban no noso dosier.

Habia que estar "moi atentos" e "centrarse" nunha información concreta de entre todas as que había no mural.

 


E para rematar...

Convertimos a nosa porta nunha exposición de momias, camelos, sarcófagos e faraóns exipcios...convertíndonos todos, segundo os nosos intereses na persoaxe que elexiramos.

 

Se queres ver o noso mural da investigación, lembra que está no corredor do colexio para a túa consulta, ou ben podes velo nunha imaxe de gran tamaño no documento adxunto seguinte.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
mural final653.13 KB

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.