O NOSO CENTRO

 

CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ

ENDEREZO: Casardomato, Nº 1, O Pino - 32001-Ourense

TELÉFONO: 988 78 88 96

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal

PÁXINA WEB:www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez

OFERTA EDUCATIVA: Educación Infantil e Educación Primaria

 

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 5º de Educación Primaria foi o venres ao Liceo de Ourense, para ter un encontro cos autores do libro "SEGREDOS SOTERRADOS", Alba de Evan e Xabier Domínguez.

Esta actividade está promovida polo CONCELLO DE OURENSE, que agasallou aos nenos e nenas co libro para lelo en clases e poder comentalo logo cos autores.

Durante a sesión Alba contounos como conseguiron escribir xuntos este libro, de onde partiron as ideas para o mesmo e cal é o proceso que sigue un libro dende que os autores escriben o manuscrito ata que chega ás tendas, que por certo resulta ser  un camiño longo. 

Ao rematar a súa exposición contestou a todas as preguntas que tiñan so cativos e as cativas e finalmente firmoulles o libro, menuda ilusión ter un libro firmado polos seus autores.

 

DÍA DE TEATRO: "HELP! (TROUBLE IN THE JUNGLE)"

O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria fixo unha saída ao Auditorio para ver á obra de teatro "HELP! (TROUBLE IN THE JUNGLE)" da compañía Face2face e ofertada por Afundación. A obra desenvolveuse en lingua inglesa e nela tiveron a sorte de participar varios rapaces e rapazas do publico, entre eles un neno do noso colexio, que se converteu así en actor por un día. Pasouno xenial!!

Foi un espectáculo moi movido e animado que nos gustou moito!!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no centro. Depois do recreo saímos todos, vestidos con prendas brancas ao patio. Alí o nenos e nenas de 6º de Educación Primaria leron o noso manifesto pola paz.

Despois da lectura bailamos e cantamos varias cancións que falan da amizade e a paz.

Co gallo do noso proxecto "Unha viaxe polo mundo", os nenos e nenas do mundo tamén piden a paz, na súa lingua, no mural que colocamos na entrada do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet